Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O bicentenario do nacemento do precursor Pintos.
'A gaita gallega' foi o primeiro libro escrito en galego no século XIX e por iso o seu autor, Xoán Manuel Pintos Villar, está considerado como un dos precursores do Rexurdimento xunto co poeta Francisco Añón. Hai diso, da publicación desa obra que combina prosa e verso para debullar costumes de Galicia e gabar a súa lingua, 138 anos, un tempo que convertiu a figura de Pintos en moitas memorias en só un nome máis lido algunha vez nun libro de texto.

Rescatalo do seu confinamento é o obxectivo da serie de actividades que se van realizar en Pontevedra, cidade onde naceu hai 200 anos, durante este 2011. Ata a cidade do Lérez trasladouse a Real Academia Galega (RAG) para celebrar no Teatro Principal unha sesión extraordinaria pública. Con motivo do bicentenario do nacemento de Pintos, seis académicos departirán sobre a figura e obra do precursor. Son o presidente Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luis Axeitos, Rosario Álvarez, Xosé Ramón Barreiro e Xesús Alonso Montero. A concellería de Normalización Lingüistica da corporación é a encargada de organizar roteiros e congresos, como o que prevé celebran en febreiro sobre 'A gaita gallega'.

Nacido en Pontevedra e finado en 1876 en Vigo, o precursor do rexurdir da cultura galega ten especial trascendencia pola súa procedencia das clases altas. Foi avogado na Coruña e Pontevedra e tamén foi xuíz en Cambados. Aínda que a súa única obra publicada en vida é 'A gaita gallega', no seu haber figuran colaboracións con xornais da época editados en Pontevedra -El País e La Perseverancia- e outros poemas soltos. En 1975 adicóuselle o Día das Letras Galegas.


Noemí Nieto 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-01-2011 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0