Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mandela dado de alta, aínda que seguirá baixo control médico na súa casa
O ex presidente de Sudáfrica e premio Nobel da paz Nelson Mandela foi dado de alta no Hospital de Milpark de Johannesburgo, onde foi ingresado hai dous días, aínda que seguirá baixo control médico na súa casa, informaron hoxe as autoridades e a súa familia.

O inspector xeral médico das Forzas Nacionais de Defensa Surafricanas, tenente xeral Vejaynand Ramlakan, explicou nunha rolda de prensa no hospital que Mandela foi ingresado hai dous días tras desenvolver recentemente unha infección respiratoria aguda».
Segundo Ramlakam, «recibiu tratamento e respondeu moi ben, pero ten que seguir baixo un control (médico) moi próximo», aínda que se lle atenderá na súa casa.

O vicepresidente surafricano, Kgalema Motlanthe, recalcou na mesma rolda de prensa que Mandela «está ben», recibiu «o mellor tratamento dos mellores profesionais da saúde dispoñibles no país» e que espera «celebrar en xullo o seu 93 aniversario e outros moitos máis».

Motlanthe repetiu que «non hai motivo para o pánico» e asegurou que as autoridades informarán de calquera novidade que se produza sobre a saúde de Mandela, que causou unha grave inquietude en Sudáfrica e no mundo desde que foi ingresado o pasado mércores.

Pola súa banda, Ramlakam tamén indicou que «non hai motivo para o pánico» e explicou que os exames médicos e probas que se lle realizaron no hospital «eran necesarias dado o seu estado de saúde» e que «son consideradas de rutina dadas as súas condicións».
Para o responsable médico militar, Mandela ten «unha actitude positiva alucinante» e, pola súa banda, pediu aos medios que non fagan especulacións irresponsables» sobre o seu estado.

Motlanthe repetiu que Mandela «está con bo ánimo» e acompañado pola súa familia, ao mesmo tempo que pedía aos medios de comunicación que respecten a súa intimidade e a dos seus achegados, ademais do seu dereito á confidencialidade dos detalles do seu estado de saúde.
Pola súa banda, o neto maior de Mandela, Mandla Mandela, deu as grazas, na rolda de prensa, «a todos os surafricanos e a todo o mundo» polo seu apoio e cariño ao seu avó.

Beatriz Pereiro 2DO BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-01-2011 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0