Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cae a natalidade galega e xa é a segunda máis baixa de España
Os indicadores demográficos de Galicia non deixan de empeorar en cada análise que realizan os institutos estatísticos oficiais. Pero se algo determina a evolución poboacional dun territorio, e no caso de Galicia o seu declive, é a súa taxa de natalidade, e esta volve caer na comunidade por segundo período consecutivo, para certificar o final do aumento sostido no número de nacementos que se rexistrou entre o 2002 e o 2008.
A taxa bruta de natalidade, a que mide o número de nados por cada mil habitantes, caeu na comunidade un 0,14% só en seis meses, segundo os datos publicados onte polo Instituto Nacional de Estatística. O organismo público reflexa así nos seus traballos como os galegos contan agora cun punto porcentual menos no devandito parámetro que fai tan só unha década.
Pero aínda que a caída no último semestre pode antollarse pequena, ademais de ser froito de producirse 638 nacementos menos que no ano anterior, é suficiente para converter a Galicia na segunda comunidade onde o volume de nacementos é máis exiguo en relación coa súa poboación total. Se no 2009 Castela e León presentou cocientes de alumeamentos máis baixas que as de Galicia e só superiores ás de Asturias, no primeiro semestre do 2010 a taxa de natalidade galega é 0,1% inferiores á castellanoleonesa, segundo os datos presentados polo INE.
A anos luz do «baby boom»
Pero se indicativo resulta o feito de pasar a ser a segunda autonomía con menos nacementos e estar a 2,5 puntos porcentuais por baixo da media estatal -que tamén caeu-, pódeo ser máis comprobar como no último ano naceron exactamente a metade de nenos que en 1975. O último ano no que se considera que España pechou o seu particular era de explosión demográfica, Galicia asistiu ao nacemento de 43.850 bebés, o que lle facía contar con 16 nacementos por cada mil habitantes. Agora son 22.537 os nenos nacidos na comunidade no último ano, reducindo a citada taxa tamén á metade.
E ao mesmo tempo que cae o número de alumeamentos, aumenta en Galicia a idade na que as galegas se estrean na maternidade. A idade media na que as galegas teñen o seu primeiro fillo é agora de 31,7 anos (catro máis que en 1976), grazas, iso si, a que as estranxeiras radicadas na comunidade baixan devandito limiar ao chegar á maternidade máis ou menos aos 28,5.
A cada galega correspóndelle hoxe contar con 1,09 fillos, cando hai 35 anos esa media situábase en 2,3.
Nados: 22.537
Un terzo, de nai solteira
Nun ano deron a luz 7.703 non casadas. Houbo ademais 8 partos de trillizos e 412 dobres.
Falecidos: 30.226
A maioría na súa casa
18.501 galegos morreron no seu domicilio. Faleceron 256 centenarios, 209 máis que en 1975.

Adrián Lamas Silva 2DO BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-01-2011 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0