Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Concello pon en marcha unha nova edición do programa Escola de Nais e Pais |
|
A concelleira de Sanidade, Marga Martín, inaugurou unha nova edición do programa Escola de Nais e Pais: Educa con liberdade para pensar, no que participan 50 persoas. O programa está dirixido a nais, pais e axentes educadores que, en pequenos grupos, cunha metodoloxía activa, dinámica e participativa, profundizarán en diferentes temas en torno a 3 bloques: As familias e a sociedade, A familia e a súa función educadora e Os retos dos adolescentes.
O programa profundiza no papel da familia como axente socializador fundamental, no que os nenos comezan a convivir, a comunicarse, a respectar aos demáis e a valorar as cousas que son importantes. A convivencia na familia desencadea aprendizaxes que nos axudan a desenvolvernos e supoñen a antesá do noso comportamento social.
Desde la actividade Escola de Nais e Pais avógase por un enfoque educativo que promova un desenvolvemento persoal de hábitos, actitudes e valores que sexan útiles aos fillos para afianzar a súa autoestima, responsabilidade e madurez.
III Curso de Educación Familiar
A Escola de Nais e Pais forma parte do Programa de Prevención e Educación Familiar que organiza a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense. Neste marco, a Concellería organiza tamén o III Curso de Educación Familiar: A familia e a sociedade, dirixido a axentes educadores e futuros profesionais da educación, que desde o día 25 de xaneiro se desenvolve no Local de Educación e Promoción da Saúde do Concello, na rúa Vasco da Ponte, con 50 participantes.
Fátima Carballo Río 2ºBach.B |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|