Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia rexistra o maior aumento do paro de España e é a que máis empregos destrúe
O paro incrementouse en Galicia en 35.100 persoas durante 2010 -a diferenza entre a cifra do rexistro do último trimestre de 2009 e o do ano pasado-, ata un total de 203.500 desempregados, co que a taxa de parados se situou no 15,69%, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).O incremento ao peche do pasado exercicio representa unha variación interanual do 20,86% -o maior aumento porcentual de toda España-, mentres que o ascenso é dun 4,2% respecto ao terceiro trimestre, un total de 8.200 parados máis na comunidade, segundo o instituto estatístico.No conxunto do Estado, o paro subiu en 370.100 persoas en 2010 respecto a 2009, un 8,5% máis. O número total de desempregados alcanzou as 4.696.600 persoas e a taxa de paro o 20,33%, cifra que é 1,5 puntos superior á do ano anterior.Deste modo, a taxa de paro en Galicia ao peche de 2010 foi case cinco puntos inferior á estatal e a comunidade situouse como a quinta cunha porcentaxe máis reducida, superando os de País Vasco (10,89%), Navarra (11,64%), Cantabria (14,93%) e La Rioja (15,68%). Non obstante, a taxa galega correspondente ao ano pasado é case tres puntos superior á rexistrada en 2009, ano que finalizou cun 12,88% de paro, fronte ao 9,74% de 2008.En canto á taxa de actividade, Galicia rexistraba no último trimestre do ano pasado un total de 1.296.600 persoas activas, cunha taxa de actividade que se sitúa no 54,43%. Esta cifra supón unha redución de 10.700 persoas (un 0,82% menos) que en relación a hai un ano. Sobre o trimestre anterior, o descenso é do 1,33% (17.400 persoas).Os ocupados, pola súa banda, alcanzaron os 1.093.100 no último trimestre de 2010, co que a caída é de 4,02% en relación co mesmo período do ano previo (45.800 persoas menos ocupadas) e do 2,29% se se compara co trimestre anterior (25.600 persoas menos). Deste modo, a comunidade sitúase como a autonomía na que máis postos de traballo se destruíron en 2010.[Salto de línea automático][Salto de línea automático]Así mesmo, a poboación con 16 anos ou máis en Galicia chegou ás 2.382.100 persoas ao finalizar 2010, o que representa unha redución do 0,16% (3.900 persoas menos) en relación ao ano anterior e do 0,05% se se compara co trimestre previo (1.100 persoas).



Christian García González 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-01-2011 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0