 A repercusión sobre a posible apertura de novos aproveitamentos hidroeléctricos que terá o plan hidrológico da conca do Miño-Sil-Limia, que compete ao Ministerio de Medio Ambiente, preocupa aos grupos ecoloxistas galegos. A Fundación Germán Estévez pediu que ese plan, do que depende o futuro de 35 concesións que o ministerio paralizará ata a súa aprobación, sexa obxecto de debate no Parlamento galego.
A ministra Rosa Aguilar anunciou esta mesma semana, en resposta a unha iniciativa do BNG, a suspensión dos 35 expedientes que estaban en tramitación nas concas do Miño-Sil-Limia e do Cantábrico. Eses aproveitamentos súmanse aos 97 que adxudicou a Xunta de Fraga e paralizou o bipartito, e que tamén están a expensas do Plan Hidrolóxico que o Goberno de Feijoo prevé aprobar este ano. No caso do plan estatal, a Fundación Germán Estévez reclama que a Xunta presente unha iniciativa acordada cos concellos afectados para impedir o que consideran un «secuestro do Sil e do Miño» por parte das compañías eléctricas.
Belén Sotelo 1º Bach B |