Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Estudantes de Erasmus falan galego!
Chipre, Italia ou Polonia son algúns dos lugares de procedencia dos doce alumnos que onte iniciaron o segundo curso de galego para Erasmus, que organizan as tres universidades galegas, pero que neste primeiro ano se impartirá na Coruña. O rector da institución académica coruñesa, José María Barja, foi o encargado de darlles a bienvenida a Galicia, «onde temos un idioma de seu que veredes que ademáis é bastante intelixible, e ten a vantaxe de que a partir do pódese falar cos portugueses e brasileiros, que son uns cantos». Estes estudantes terán que realizar un curso intensivo de 60 horas ata o 4 de febreiro, onde descubrirán ademais dos segredos do idioma, os da cultura, a arte, a música e a gastronomía desta comunidade, así como os monumentos máis importante. Ao acto tamén asistiron a vicerrectora de Estudantes e Relacións Internacionais, María José Martínez; a directora do Servizo de Normalización Lingüística, Goretti Sanmartín, e o director do curso, Ramón Freixeiro. .
Aniversario literario.
Este ano cúmprese o 125 aniversario do nacemento de Wenceslao Fernández Flórez, o inesquecible creador do bosque animado. Con tal motivo, a Asociación da Prensa da Coruña organizou unha serie de charlas, que finalizarán o vindeiro luns coa visita do ex ministro de Cultura coruñés, César Antonio Molina. No seu relatorio, o escritor falará sobre a faceta xornalística e literaria do ilustre autor de vila Florentina. Para esta ocasión, contarase coa presenza do noso compañeiro e xefe da sección de Cultura da Voz, Luís Pousa, que exercerá de mestre de cerimonias.


Emilio González Padrón 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2011 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0