Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Récord de excelencia no compostelán IES Rosalía de Castro
Pablo Almuiña acada o premio extraordinario de Bacharelato, tras o da ESO e dúas pratas na olimpíada de Matemáticas


Un premio extraordinario da ESO, dúas medallas de prata en senllas Olimpíadas de Matemáti¬cas e un premio especial do Ano Internacional da Biodiversidade, ó que agora se lle engade o Premio Extraordinario de Bacharelato no curso 2009-2010.
Este é o extraordinario currí¬culum do ex alumno do instituto Rosalía de Castro Pablo Almui¬ña Varela, que segue os pasos doutro brillante estudante do mes¬mo centro, Alejandro Rivero de Aguilar. Pablo, que estes momen¬tos ten 18 anos e cursa primeiro de Medicina, está moi contento por este último recoñecemento. "Colleume por sorpresa, porque aínda que saín contento das pro¬bas, había moitísima xente cuns expedientes moi bos. Así que non o esperaba". "Un premio máis... o que che faltaba", felicítano os seus pais e amigos.
E é que a humildade é unha das principais características deste mozo compostelán que ase¬gura que nunca lle chamaron empollón, e que afirma que non todo na vida é estudar. "No meu tempo libre. Gústame quedar cos amigos". Ademais, non lle importa recoñecer que algunha vez non obtivo os mellores resultados. "Non son deses que se enfadan se non conseguen un sobresaliente. Se saco un notable estou contento, porque me parece unha boa cua¬lificación. E se suspendo, dígome a min mesmo que non me pode vol¬ver pasar".
Con todo, recoñece que agora que acaba de empezar Me¬dicina ten que empregarse máis ca no ins¬tituto. "É unha carreira bonita e interesante, pero é moi com¬plicada, así que estou estudando duro todos os días. Agora mesmo estou nun período de adapta¬ción, e supoño que este primeiro ano será así. con todo, sempre in¬tento buscar algo de tempo para os amigos". Ademais, en setembro representará a España no XXIII Certame Europeo de Mozos Investigadores (Eucys), que se celebrará en Helsinqui. Acudirá a Finlandia xunto a outros dous mozos españois.
Pablo Almuiña Varela gañou o premio especial Ano Inter¬nacional da Biodiversidade ó mellor traballo de investigación ¬realizado nas áreas relacionadas coas Ciencias da Terra e da Vida, neste caso, polo traballo "Arácnidos vivindo na nosa pel. Estudo dos ácaros do xénero Demodex", dotado con cinco mil euros. Para elaborar este orixinal traballo contou coa colaboración dos seus compañeiros e os seus profesores.
Este traballo tamén resultou seleccionado para participar como representante de España no XXIII Certame Europeo de Mozos Investigadores, que se celebrará en setembro de 2011 en Helsinqui. "Contamos coa experiencia de Alejandro Ri¬vero de Aguilar, que xa participou neste concurso o ano pasa¬do. É unha vantaxe", sinalou este mozo.


Samuel Gallego 1º Bach A

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2011 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0