Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Neira Vilas: ´A literatura galega atravesa un período florecente´
Para Neira Vilas, a produción literaria en galego "pasa por un momento moi bo, sobre todo a narrativa. Non darei nomes, pero hai importantes autores, algúns que cruzaron as fronteiras de Galicia e publicaron en varios idiomas".

Precisou que "non só se trata de poesía ou ficción, senón tamén de obras de ensaio e de traballos de investigación", polo que considerou que "a literatura galega ten un gran futuro por diante".

Engadiu que a lingua galega "se está implantando en sectores moi importantes como en compañías de seguros, na xurisprudencia con varias sentenzas de xuíces ou no comercio", o que mostra que se trata dunha "lingua viva".

Ao ser preguntado acerca da polémica suscitada sobre algúns aspectos do bilingüismo, indicou que "cando hai un debate é porque unha lingua está viva", e considerou que sería "derrotista" opinar que o idioma galego está ameazado.

Salientou que nas zonas rurais o galego se mantén como a principal linguaxe, aínda que nas cidades "declinara", pero subliñou que "mentres anos atrás estaba limitado á clase baixa, agora utilízao a clase media e implantouse no ámbito universitario". Apuntou que Galicia é bilingüe galego-castelá, de xeito que "non hai maiores inconvenientes para utilizar unha ou outra lingua" e opinou que "non se pode impoñer unha fronte a outra" senón que "hai que convencer".


Julián Iglesias 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2011 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0