 Natural de Oviedo, o poeta recibiu o título da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) recoñeceu co título de «escritor galego universal» ao poeta ovetense Antonio Gamoneda. A AELG destaca con esta mención «A altísima poesía e o insobornable compromiso ético do autor e por tanto o poeta, realizase na poesía como forma de coñecemento», según informou a asociación nun comunicado.
Con este premio, que xa recibiron Mahmud Darwich, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska e Juan Gelman, a asociación destaca a aqueles autores «que unen a excelencia literaria o compromiso ético que os converte en referentes na defensa da dignidade nacional e humana».
Entre outras distincións, Antonio Gamoneda recibiu o Premio Cervantes (2006); o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (2006) e o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía (1988).
Co motivo da entrega do premio, Antonio Gamoneda estará en Galicia o próximo mes de abril. O día 29 ofrecerá unha conferencia en A Coruña e o 30 asistirá á Cea das Letras, organizada pola AELG.
Laura Iglesias 1º Bach A |