Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sen tabaco, sen traballo
Un grupo de grandes hostaleiros está estudando demandar o Estado para que os indemnice polas obras realizadas en 2006 para cumprir coa anterior Lei antitabaco, que os obrigaba a separar espazos para fumadores e non fumadores, segundo confirmaron os asesores legais do despacho Cremades & Calvo-Sotelo. Os hostaleiros demandantes, entre os que se atopan o Grupo Hotusa e o Grupo Arturo, teñen previsto reclamarlle ata 100.000 euros ó Estado pola súa responsabilidade patrimonial, ó xestionar un cambio lexislativo que os obrigou a investir nunhas reformas que non se amortizaron.
Por outra banda oito de cada dez autónomos da hostalería reduciron os seus ingresos entre o 11 e o 60 por cento tras a entrada en vigor da Lei antitabaco e practicamente a metade dos que teñen unha máquina expendedora de tabaco nos seus locais pensan prescindir dela, segundo unha enquisa da Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos.
Outro 12,3 por cento dos hostaleiros viu como diminuían os ingresos do seu negocio en menos do 10 por cento e só un 5,3 por cento denuncia que os seus beneficios caeron entre o 81 por cento e o 100 por cento tras os primeiros quince días da norma que prohibe fumar de forma xeneralizada nos seus locais.
Así mesmo, a enquisa pon de manifesto as perdas que supuxeron os investimentos realizados para adaptar os seus locais á primeira lei antitabaco.
En concreto, un 26,4 por cento dos enquisados afirma que na primeira lei antitabaco adaptaron o seu local para poder permitir que convivisen fumadores e non fumadores, fronte a un 71,3 por cento que non o fixo. Así, máis da metade (52,2%) dos donos dos establecementos hostaleiros investiron case 5.000 euros, un 30,4 por cento entre 5.000 e 10.000 euros, o 8,7 por cento entre 10.000 e 15.000 euros e outro 8,7 por cento investiu máis de 15.000 euros. Segundo a sondaxe, un 66,7 por cento declara ter no seu negocio polo menos unha máquina expendedora de tabaco, fronte ó 31% que non a ten e un 2,3% que non proporciona a súa opinión.
Dese case 70 por cento que posúe unha máquina expendedora no seu negocio, case a metade (46,6%) deixa moi claro que pensa prescindir dela, fronte a un 39,7 por cento que continuará co seu servizo e un 13,7% que non dá a súa opinión.
?Neste caso, ademais dos autónomos, tamén sairá prexudicada a Axencia Tributaria, desde o punto de vista recadatorio?, subliña a asociación. Ademais, ATA subliña o impacto que terá no emprego a nova lei antitabaco xa que, segundo a enquisa, o 55,1% dos hostaleiros pensa prescindir dalgún empregado polos problemas xurdidos coa lei, fronte a un 34,6% que continuará mantendo idéntico esquema laboral. Un 10,3% non se manifesta en ningún sentido.
Ante a cuestión de se a lei antitabaco é beneficiosa a longo prazo para o seu negocio, máis da metade (54%) di rotundamente que non, un 28,8% opina o contrario e un 17,2% reserva a súa opinión.
?É evidente que a nova situación creada pola lei antifumador pode crear un panorama desolador no sector hostaleiro, xerando menos riqueza e destruíndo emprego?, sinalou a asociación.
Por outra banda a Asociación Empresarial de Hostalería celebrou a concesión de axudas por parte do Goberno rexional para a instalación de aparellos de calefacción e iluminación nas terrazas de bares e restaurantes como o anuncio do Concello de Madrid de adaptar unha normativa europea ?omnibus?.


Samuel Gallego 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2011 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0