Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O colectivo farmacéutico galego recorre o catálogo
A indignación medra na Federación de Farmacias de Galicia (Fefga), que acaba de presentar un recurso contra o catálogo priorizado de medicamentos galego e pide que se suspenda a súa aplicación até que se resolva, alegando que "invade unha competencia" do Estado, "infrinxe o principio de igualdade de todos os españois" e "impón unha resolución administrativa á marxe do criterio médico e farmacéutico". Sobre a petición de paralización do catálogo, xustifica que "a non suspensión da eficacia da resolución impugnada é susceptíbel de lle facer perder ao recurso a súa finalidade lexítima" porque "os efectos terapéuticos e clínicos sobre a saúde dos usuarios derivados da imposición dunha substitución en masa de medicamentos de marca por medicamentos xenéricos, con criterios puramente económicos e ou médicos, é irreversíbel".
Non obstante, sostén que "o interese económico de racionalización do gasto se vai ver afectado de modo tenue", segundo explica a Fefga, "non xa porque España ten os medicamentos máis baratos de toda a Unión Europea, senón porque en 2010 o Ministerio de Sanidade fixo efectiva a enésima rebaixa de marxes e adoptou medidas de rebaixa do custo de medicamentos", medidas que, subliña, "non rebaixaron a calidade da prestación farmacéutica, como si sucede no presente caso". Co recurso, presentado o xoves polo bufete Concheiro e Seoane Abogados ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a Fefga suma a súa oposición ao catálogo de medicamentos á manifestada pola patronal nacional, Farmaindustria, e o Ministerio de Sanidad.
En canto ao principio de igualdade, a Fefga expón no seu recurso que a "desigualdade" se manifesta "entre os propios galegos", posto que os que están suxeitos ao réxime xeral "só poderán acceder aos principios activos do catálogo priorizado, mentres que os adscritos a Muface, Muxaxe e Isfas si poden acceder a todos os medicamentos da Toponimia nacional".
O recurso fundaméntase, ademais, en que "se infrinxe a liberdade de prescrición", ao "impoñerse" aos profesionais sanitarios do Sergas e ás oficinas de farmacia, aos efectos da prescrición e dispensa en receita oficial, "a obriga de respectar o catálogo priorizado de produtos farmacéuticos". Así mesmo, sinala que "se infrinxe a normativa comunitaria integrada pola Directiva 89/105/CEE, relativa á transparencia das medidas que regulan a fixación de prezos dos medicamentos para uso humano e a súa inclusión no ámbito dos sistemas nacionais do seguro de enfermidade".
Neste sentido, argumenta a Fef-ga que a creación do catálogo priorizado "non respecta os principios de transparencia ao non se axustar á esixencia de motivación segundo criterios obxectivos e verificables", como aclara "si o está a decisión do Ministerio de Sanidad de incluír no catálogo nacional os medicamentos susceptibles de financiamento público, nin de non discriminación, ao se prever a posibilidade de selección de provedores por parte da Administración". A Federación de Farmacias de Galicia di que os intereses da Administración "son puramente económicos", ao "diminuír o gasto, non mediante unha medida de racionalización, tal e como se quere enmascarar, senón simplemente mediante unha medida que recorta a prestación farmacéutica mínima garantida como básica e homoxénea pola normativa estatal e pola Constitución". Pero, ademais, engade, "non hai tal aforro xa que nin a Lei 12/2010 do 22 de decembro nin a Resolución impugnada veñen acompañadas dunha memoria económica". Con todo, a Fefga defende que a prestación farmacéutica "ten que ser igual para todos".
Sara Velasco, 1ºA.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-01-2011 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0