Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Moreda súmase aos que piden fusión de municipios |
|
Formula diferenciar concello e municipio.El primeiro funcionaría como órgano político e podería agrupar varios dos segundos, que serían entes territoriais.
Simplificar e racionalizar o actual mapa administrativo local español en prol da economía, a eficacia e a eficiencia económica e social" foi a mensaxe que onte lanzou en Madrid o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, na súa participación nos Almorzos da Fundación Democracia e Goberno Local.
En opinión de Moreda, "a ampla gama de entidades locais existentes e a multiplicidade de órganos de goberno e aparatos administrativos que requiren, producen efectos distorsionadores que sería conveniente racionalizar, pois todas elas teñen financiamento público e competencias compartidas e concorrentes".
Ante esa pluralidade de entes locais, formula a agrupación dos concellos. O presidente da Deputación recoñece a dificultade de abordar esta cuestión, sobre todo en comunidades como Galicia, onde hai un forte sentimento de identidade no que respecta aos núcleos locais, como as parroquias, pero apelou á "vontade de afrontalo.
Como administración máis próxima ao cidadán, ao seu xuízo, "non" poden subsistir "os municipios tal como están agora; non teñen capacidade para pagar as nóminas nin prestar os servizos públicos esenciais". Ademais, sinalou, todos queren ter de todo e iso é imposible.
"Un municipio debe ter un tamaño mínimo de poboación", subliñou, para defender que "o lóxico sería agrupalos dalgunha forma". Así, expuxo que unha fórmula podería ser distinguir entre o concello e o municipio, o primeiro como órgano político e o segundo como órgano territorial, e que un concello puidese abranguer varios municipios.También formulou que a participación dos entes locais nos tributos do Estado debería ter dous tramos "un destinado a cubrir os gastos correntes dos servizos que asegure un nivel mínimo de prestación e outro destinado a financiar novos investimentos", segundo aseverou.
Christian García González 2ªB
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|