Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Concello organiza as VII Xornadas de Xardinería de Galicia, do 17 ó 19 de febreiro no Auditorio
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense organiza a séptima edición das Xornadas de Xardinería de Galicia, que reunirán na cidade a profesionais do sector do Medio Ambiente e do paisaxismo, durante os días 17 ó 19 de febreiro, no Auditorio Municipal. Tódolos interesados poden inscribirse ata o día 15 de febreiro na Concellería de Medio Ambiente, na Praza de San Martiño, 1, 3º, teléfono 988 388135, ou a través do mail zonasverdes.xornadas@ourense.es, A séptima edición das Xornadas dá continuidade a unha iniciativa do Concello, na que levan participado máis de 2.000 profesionais de España e Portugal ó longo das súas 6 edicións.
As xornadas, dirixidas a profesionais do Medio Ambiente, especialmente do paisaxismo, técnicos municipais, estudiantes e público en xeral, achegarán a Ourense dez charlas de expertos internacionais e 4 coloquios e mesas redondas nos que se profundizará en diferentes cuestións relacionadas co paisaxismo e as zonas verdes, e se coñecerán experiencias exitosas de proxectos paisaxísticos desenvolvidos en España, Italia, Inglaterra, Holanda e Francia.
Programa de charlas e coloquios
As VII Xornadas de Xardinería de Galicia, co título xenérico, Re-plantear inclúen un total de 5 sesións: Estratexias vexetais, Sentido e sensibilidade, Vexetación e ecoloxía, Atlánticos emerxentes e Xardíns Botánicos.
Comezarán o xoves, 17 de febreiro cunha sesión adicada ás Estratexias Vexetais, na que intervirán Andreas Kipar, paisaxista do Grupo LAND, de Italia, que falará sobre o Anel Verde de Milán, Antonio Falcó, director de Materia Verde, quen falará sobre a planificación dos espacios verdes urbanos, e Teresa Galí-Izard, paisaxista de Arquitectura Agronomía SLP, quen falará sobre os procesos vexetais. A xornada rematará cun coloquio sobre as estratexias vexetais.
O venres, 18, pola mañá, desenvolverase a sesión titulada Sentido e sensibilidade, coas intervencións do artista Miguel Angel Blanco, sobre A Biblioteca Del Bosque, o arquitecto paisaxista portugués Francisco Caldeira Cabral, sobre o Festival Internacional de Xardíns de Ponte de Lima, e de Niek Hazendonk, do Ministerio de Economía, Agricultura e Innovación de Holanda, quen impartirá a charla Sensacións vexetais, rematando a sesión co coloquio Sentido e sensibilidade.
Pola tarde, a terceira sesión será sobre Vexetación e Ecoloxía, coa intervención do autoproductor José Lorenzo, e a mesa redonda As especies invasoras, na que participarán o productor vexetal Lode van Doorselaer, o ecólogo Javier Montalvo, o paisaxista Ricardo Librero, e o enxeñeiro municipal Juan Carlos Martínez.
A xornada do sábado, 19, pola mañá inclúe dúas sesións. A primeira, Atlánticos emerxentes, consistirá nunha charla do enxeñeiro agrónomo galego Pedro Calaza. A derradeira sesión, sobre Xardíns Botánicos, contará coa participación do conservador de Kew Gardens (Inglaterra), José Carlos Magdalena, sobre O xardín clásico: Kew gardens, a paisaxista francesa Cathérine Mosbach, sobre O Xardín moderno: Xardín Botánico de Burdeos, para rematar cun coloquio sobre Xardíns Botánicos.

Fátima Carballo Río 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-01-2011 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0