Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sae á luz 'Galiza', obra inédita de Manuel María
A obra inédita de Manuel María titulada Galiza foi presentada este mércores na Deputación de Lugo. O libro sae á luz da man da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, que presenta unha edición moi coidada, con ilustracións de Xosé Cobas e fotografías de Manuel Graña.

Galiza reproduce un texto que foi mecanografado polo propio Manuel María e que permaneceu ata agora gardado no seu arquivo particular. O documento estaba perfectamente organizado e contiña as indicacións precisas para a súa publicación.

Trátase dunha síntese da historia, xeografía, literatura, arte e tradicións de Galicia, co valor engadido de ter sido realizada por un dos escritores galegos máis destacados da segunda metade do século XX. Manuel María era, ademais, unha das persoas que mellor coñecía o país, tanto física como espiritualmente.

O libro ten unha decidida vocación didáctica e vai dirixido tanto a un público xeral, interesado en coñecer de forma concisa e amena algúns dos aspectos máis destacados do pasado e do presente do seu país, como tamén, e de modo especial, a un público xuvenil, xa que os protagonistas da obra son xente nova que dá unha visión diferente de Galicia. Trátase, ademais, dunha ferramenta atractiva e útil para o profesorado.

Noemí Nieto 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-01-2011 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0