Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

La provincia apela a la emoción para impulsar su nueva imagen turística
Ourense foi onte a gran protagonista de Fitur, cunha triple visión da provincia desde o Padroado de Turismo, desde o Concello de Ourense e desde Expourense, que presentaba 'Xantar', unha feira que pugna cada edición por ser máis internacional.
O presidente da Diputación, José Luis Baltar, foi o encargado de presentar a nova campaña 'Explora Ourense, vive o teu interior', na que se intenta transmitir ós consumidores 'sensacións' en lugar de paquetes turísticos. Baltar fixo un repaso polas diferentes campañas postas en marcha desde o año 2003, desde aquel 'Ourense con outra mirada', ata este novo eslogan que incide tamén nos valores cualitativos da provincia.

O presidente da Diputación defendió a imaxe de 'Ourense' como marca, como elemento capaz de transmitir ós turistas emocións e como unha referencia no turismo termal en España. Asegurou que non era unha tarea fácil, 'non é fácil empaquetar o turismo emocional', pero indicou que seguirían na misma línea. 'Os consumidores evolucionaron moi rápido nestes últimos dez anos, temos que escoitarlos e saber o que nos están a pedir'.

A continuación tomaba a palabra o presidente do Padroado provincial de Turismo, José Manuel Freire Couto, quen incidía nas múltiples posibilidades que compoñen a oferta turística da provincia, aínda que se detuvo na auténtica novidade de 2011: o 'Proxecto Estacións'. Explicou que se trataba dunha iniciativa turística que quere revalorizar antiguas estacións de ferrocarril da liña Zamora-Ourense que quedador en desuso, para reconvertilas en centros culturais, espazos de ocio, ecoturismo, turismo activo, naturaleza e cultura. É o primer proxecto deste tipo que se realiza en Europa e servirá de modelo para outras rexións, como por exemplo Cataluña que quere por en marcha unha idea similar.

Ó acto asistiron tres destacadas figuras do mundo do espectáculo: a actriz Sara Casasnovas, o actor de A Mezquita Rubén Ríos e o humorista Moncho Borrajo, así como o actor José Sacristán, entre outros.

Pero máis multitudinaria aínda foi a presentación de Xantar, o salón da gastronomía que se desenvolve en Expourense. O xerente, Alejandro Rubín, relatou as excelencias do certame antes da comida multitudinaria á que invitou a organización.

María Gutiérrez 2º A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-01-2011 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0