Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Durante este ano abriranse 25 novas escolas infantís en Galicia |
|
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou durante unha visita á escola infantil da Cañiza, que, a finais de 2011, os pais e nais galegos contarán con máis de 2.700 novas prazas públicas para nenos de 0 a 3 anos, un 20% máis que ao comezo da lexislatura.
Deste xeito, Feijóo avanzou que, ao longo deste ano, a Xunta porá en marcha 1.000 novas prazas públicas en ao redor de 25 escolas infantís, "o que supón ir aproximándonos ao cociente da Unión Europea, un cociente excelente que se concreta no 33%. Neste momento, xa estamos no 26%, cando ao comezo da lexislatura partiamos do 21%".
O titular autonómico lembrou que, desde que o novo Goberno chegou á Xunta creáronse 1.700 novas prazas públicas para nenos de 0 a 3 anos; "ese é o balance dos 18 primeiros meses de Goberno". E resaltou o compromiso de ir adecuándonos até os mellores países da UE en número de prazas.
Deste xeito, Feijóo incidiu en que, "a pesar dos recortes orzamentarios, temos o obxectivo da lexislatura de construír 4.500 novas prazas en escolas e en gardarías infantís".
Luis Manuel López Almonte
2DO BACH A |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|