Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mario Casas: «Sei que se algún día se me vai a pota, hai xente que mo dirá»
A Mario Casas chóvenlle as miradas de desexo adolescente, a curiosidade das mozas que son como el ou maiores, e as de certo morbo maternal por parte de mulleres treintañeras ou algo máis maduras. Mario a secas é, aínda que non o queira, aínda que aspire a unha sólida carreira de actor, que niso está, propiedade das mulleres.
De momento. É certo que este mozo coruñés ten arsenal dabondo para desmentir que é un home espectáculo obxecto. Pero, ás toas, pregúntaselle a unha moza: ¿e a ti que che gusta de Mario Casas? «Mario é un bombón», di. E punto. Suficiente. Levaríallo a casa. De momento, teno en forma de póster no seu cuarto. E hoxe tróuxose ese cartel por se o ídolo llo asina nun acto promocional.
O actor galego, nacido na Coruña un 12 de xuño de 1986, estrea Carne de neón, unha película que pretende mergullarse nos baixos fondos para rescatar a un antihéroe que intenta saír do pozo meténdose na boca do lobo. Ese mozo que interpreta Casas combina o debuxo de personaxe que é adorablemente malo ou estúpidamente bo, rudo e de peluche, que tanta admiración provoca nas fans e que tan bos resultados deu na historia do celuloide. Mentres promociona este filme, dirixido por Paco Cabezas, e anunciado co prestixioso antecedente que reza «dos produtores de Cela 211», Mario Casas ten en cartel Tres metros sobre o ceo, tamén A Mula e pendente do trinque Teño ganas de ti. Participou en Fuga de cerebros, Mentiras e gordas e O camiño dos ingleses.
Así, resulta que Mario Casas, do que se podería dicir que adiantou pola esquerda a algúns dos seus compañeiros de promoción, leva cinco anos tocado por unha varita máxica que de nada serviría se non se sustentase en certas cualidades. En primeiro lugar, unha innata naturalidade salvaxe, o seu propio físico, e unha normalidade que imprime á súa presenza coma se a cousa non fose con el. Pero Casas, que aos 10 anos foise vivir a Barcelona e que se confesa galego polos catro costados, ten toda a pinta de medir a súa carreira ao milímetro. Aínda que pegase o gran golpe ao ritmo dos homes de Paco, cando xa se sabe que a vertixe catódico deixa pouco tempo para pensar. Ese Aitor que interpretaba serviulle para facerse un oco entre as series de éxito, darse a coñecer e aumentar a colleita de fans que xa dera sinais de vida cando traballou en SMS. Aínda que é de xustiza recoñecer que a base de toda esta historia é o empuxón, apoio e sustento inicial dedicado polos seus pais para facer realidade o soño de actor dun mozo chamado Mario.
El é agora un tipo sereno, consciente de que é novo. Con suficiente ambición como para, ao mesmo tempo, aprender e participar en novos proxectos. De feito, aí está no barco, nova serie de Antena 3. E ten soños. Por exemplo, un par deles que lle apetecen moito: traballar en Galicia e traballar con Luis Tosar.

Sara Dopazo 2DO BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-01-2011 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0