Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
ONCE QUILOS DE POLBO ALIMENTADO NUNHA CETARIA DE SAN ROQUE |
|
Din que os polbos son os invertebrados máis intelixentes. E crese que un membro desta especie puxo fai uns dous anos en marcha a súa extraordinaria capacidade para pensar e decidiu que traballar no océano para vivir non era o seu.
Decidiu entón abandonar o mar de Riazor e coouse sendo un alevín por unha pequena tubaxe nunha gran marisquería, nas instalacións da cetaria Otamar, situada en San Roque de Fóra, no paseo marítimo da Coruña. Aínda non está bautizado, pero o máis probable é que se lle chame Polbo da Coruña.
«Eu vino fai uns seis ou sete meses. Pesaría uns tres ou catro quilos», conta o propietario do viveiro, Ángel Otamendi. Nadaba ás súas anchas pola piscina que a empresa ten pegada ao mar e que toma a auga directamente do océano. Alí este polbo atopou un hábitat extraordinario: «A piscina mide 800 metros cadrados e a súa profundidade pode alcanzar ata catro metros segundo baixe ou suba a marea». así describe Ángel a casa que elixiu para vivir Polbo da Coruña.
Ademais «nesa zona da cetaria cae marisco, e non mexillóns como os que atraían ao famoso polbo Paul, senón que chegaban ante os seus tentáculos desde nécoras, bois de Francia e centolas, ao que hai que engadir o que entra desde o mar. Como para non estar a gusto», subliña Otamendi.
De feito, «descubriuse como nos dous puntos que o polbo elixira como agocho acumulaba os caparazones do marisco que comía», sinala Ángel . E é que tras facerlle un seguimento calcúlase que o polbo se alimentaba dunhas dúas pezas de marisco ao día. «E así foi crecendo ata agora, que xa pesa 11 quilos», comentou Otamendi.
Ángel decidiu hai unha semana trasladar a Polbo da Coruña a unha piscina máis reducida: «É que os polbos adoitan durar uns dous anos e non quero que se morra nun lugar onde non se poida localizar. Ademais quero que os meus clientes e os seus fillos póidano admirar».
Cando morra si se pode comer, aínda que Ángel pregúntase «que tempo de cocción faría falta para abrandar tentáculos con ventosas que teñen un diámetro dunha moeda de dous euros».
Beatriz Pereiro 2DO BACH A |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|