Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un galego gana por primeira vez un proxecto de elite europeo
É unha competición na que só participan os mellores e cuxo triunfo está reservado exclusivamente aos excelentes. É o prestixioso concurso Advanced Grants, convocado polo Consello Europeo de Investigación e que este ano, na súa terceira edición, ten por primeira vez entre os seus gañadores a un investigador galego, o lugués Luis Liz Marzán, director do grupo de Química Coloidal da Universidade de Vigo e un dos científicos pioneiros no mundo no estudo da síntese, caracterización e aplicacións das partículas metálicas, fundamentalmente ouro e prata.
Os 266 gañadores de toda Europa, fundamentalmente británicos, alemáns e franceses, recibirán unha subvención de Europa de ata 3,5 millóns de euros para desenvolver un proxecto innovador que repercuta no desenvolvemento científico e económico. Luis Liz Marzán recibirá ao redor de dous millóns e medio de euros para levar a cabo o programa Plasmaquo, que ten como obxecto o desenvolvemento dun sensor plasmónico (baseado nas propiedades ópticas dos metais) destinado a comprender as relacións entre bacterias e células eucariotas.
Os Advanced Grant premian a investigadores xa consolidados e outórganse unicamente por criterios de excelencia científica, sen ter en conta o lugar de orixe ou traballo dos investigadores. Para poder optar á subvención é necesario que o candidato pertenza a un grupo consolidado e conte cunha recoñecida e destacada traxectoria na que faga avances significativos na súa área nos últimos dez anos. A innovación e o risco dos proxectos presentados é outro dos factores que se teñen en conta.
A convocatoria parte do Consello Europeo de Investigación, considerado como o buque insignia do sétimo programa Marco de Investigación e Desenvolvemento da Unión Europea.
España logrou nesta edición do concurso trece proxectos, a maioría dos cales, sete, foron parar a Cataluña. Madrid recibiu dous e Galicia, País Vasco, Aragón e Andalucía, un.

Míriam López 2DO BACH
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-01-2011 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0