Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sementando ideas para un futuro mellor
1ªA vicerreitora de Investigación, Victoria Jato, entregou os premios do concurso A cociña do futuro non 2050, dentro de Comerciencia. A receita gañadora foi a de Paula Aguión, titulada A sopapo boomm, do IES Prieto Nespereira. Foron accésits Lucía Vázquez e Noelia Domínguez así como Nerea González, Óscar Rodríguez e Aitor González.




2ª Aprender a xogar ao baloncesto da man de Willie Ladson e practicar o inglés ao mesmo tempo. Esa é a clave do programa Basket and English da Concellería de Educación de Ourense, que cada ano seduce a máis escolares ourensáns.




3ªA Semana de Teoloxía que se está desenvolvendo no Liceo. e que onte tivo como protagonista ao decano da Facultade de Teoloxía do Norte de España, permitiu aos asistentes saudar ademais ao que foi bispo de Ourense, Luis Quinteiro, hoxe Administrador Apostólico da diocese.




4ªA Asociación Galega de Axuda ao Maior, segue traballando para fixar na sociedade ourensá a idea de que a antes chamada terceira idade pode ser un eixo social activo. Onte invitaron a Jesús Pérez de Juan, o responsable de Cáritas, a dar unha charla no Xesteira para falar de solidariedade.

Laura Barreiros Pérez,2º B bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-01-2011 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0