Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Fundación Castelao considera ?un insulto? o ciclo literario do Gaiás
?Os organizadores do ciclo nunca falaron con nós, coa Fundación Castelao. Nunca se puxeron en contacto con nós para falar de nada. Vaia burros! Son uns espantallos?. Con esta contundencia, Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao, amosa o seu malestar pola exclusión do autor de Sempre en Galiza do ciclo literario do Gaiás Galicia, Ceo das Letras. No seu programa dedícanse sesións a autores como Rosalía, Manuel Antonio, Valle-Inclán, Cunqueiro, Borges ou Blanco Amor. Non obstante, Castelao non aparece na lista de escritores homenaxeados neste ciclo precisamente no ano en que se celebra o 125 aniversario do seu nacemento.
?Castelao tiña que estar aí, ao lado de Rosalía. Os dous son as nosas estrelas máis brillantes. Isto resulta un insulto. Son uns irresponsables. Alá eles coa súa conciencia, se é que teñen?, explicou a Xornal de Galicia ?visiblemente enfadado? Avelino Pousa Antelo.
Na Fundación Castelao non se entende a selección de autores e molesta que en ningún momento se puxesen en contacto coa entidade. ?A min non me avisaron de nada. Non me chista o Gaiás, pero se propuxesen algo digno e serio, pois iríamos. Pero non foi o caso. Se veñen agora, mándoos á merda?, sentencia o presidente da Fundación Castelao.
Por parte da organización a ausencia de Castelao no ciclo Galicia, Ceo das Letras está xustificada polas diferentes facetas dos autor. ?Se fixesemos un ciclo de filosofía do país, por suposto que non se deixaría fóra a Castelao. Quizais diga unha parvada, pero non sei eu se Castelao ten a altura de Cunqueiro ou Rosalía como literato?, explicou días atrás a Xornal de Galicia Marcos Lorenzo, o director deste ciclo literario que abriu a actividade no Gaiás.
O malestar dentro da Fundación Castelao únese ás críticas do PEN Club de Galicia ante a organización do ciclo. Tal e como informou Xornal onte, o PEN cuestiona a mestura de autores da literatura galega con outros que naceron en Galicia, pero que escribiron en castelán.

Noemy Dopazo González nº11 2ºB bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-01-2011 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0