Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As perdas conxunturais non serán motivo de despedimento obxectivo
As perdas previstas nas contas das empresas que teñan un carácter "meramente conxuntural" non poderán servirlles ós empresarios para xustificar despedimentos obxectivos, que son os que se indemnizan con 20 días por ano traballado cun máximo de doce mensualidades. Así consta no borrador do regulamento que desenvolve a reforma laboral, e que foi entregado polo Goberno ós interlocutores sociais para a súa análise e negociación.
Tras a folga xeral do pasado 29 de setembro, o Executivo comprometeuse a pactar cos sindicatos o desenvolvemento da reforma laboral, despois de que esta fose aprobada unilateralmente polo Goberno e validada despois polo Parlamento. O borrador concreta un dos aspectos máis polémicos da reforma laboral, o que establece a previsión de perdas entre as causas obxectivas de despedimento. Desta forma, esta cuestión queda algo suavizada, xa que só valerán como xustificación as perdas previstas de carácter estrutural. O empresario deberá acreditar mediante unha memoria explicativa que a dita previsión de perdas pode afectar á viabilidade da empresa ou á súa capacidade de manter o número de postos de traballo.
Así mesmo, terá que achegar os resultados completos dos dous últimos exercicios (balance de situación, conta de perdas e ganancias, estado patrimonial, fluxos de efectivo e memoria) debidamente auditados, así como as contas provisionais á presentación da solicitude.
Ademais, deberá informar os criterios utilizados para facer a estimación de perdas e un informe técnico sobre a evolución desa previsión negativa. O borrador tamén detalla o procedemento para a regulación de emprego por forza maior (acontecemento imprevisible e inevitable) e engade que será preceptivo un informe da Inspección de Traballo.
Non cambia o prazo de cinco días que ten a autoridade laboral para ditar a súa resolución, aínda que inclúe o trámite de audiencia ós representantes dos traballadores que deberá realizarse no termo dun día. O texto provisional do regulamento tamén reforza a regulación dos plans de acompañamento social, obrigatorios para as empresas de máis de cincuenta traballadores que inicien un expediente de regulación de emprego (ERE).
Establécese unha listaxe prolixa do tipo de medidas que debe incluír un plan de acompañamento para evitar ou reducir os efectos do ERE, así como iniciativas para facer posible a continuidade e viabilidade do proxecto empresarial. Fontes sindicais rexeitaron opinar sobre un documento que consideran que debe ser discutido na mesa de negociación, aínda que advertiron de que un regulamento "non cambia a lei". Esta non é a única materia que está negociando o Goberno cos sindicatos, cos que tamén se está discutindo a reforma das pensións.

Sara Velasco, 1ºA.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-01-2011 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0