Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O tradutor de Rivas levará ao inglés a poesía de Pereiro
Jonathan Dunne, o tradutor de Manuel Rivas, está a traballar na tradución da obra poética completa de Lois Pereiro, autor a quen se lle dedicará este 2011 o Día das Leras Galegas. ?Para min é un enorme desafío e un pracer traducir un poeta de tan alta calidade e relativamente pouco coñecido como é Lois Pereiro?, explica Dunne, quen levará ao inglés as obras poéticas Poemas 1981/1991, Poesía última de amor e enfermidade e Poemas para unha loia. Estes poemarios conformarán o título Collected Poems, que se publicará en Small Station Press.
Polo momento, Dunne traballa na tradución dos versos de Pereiro e ten como obxectivo publicar a obra na primavera. ?O libro ten que saír antes de maio. Aínda non sei o número de exemplares, pero coido que será unha tiraxe importante?, dixo Dunne, quen sinala que contará cun autor galego para realizar o limiar.
Dende o punto de vista de Dunne, a obra de Pereiro pode chegar con facilidade ao público británico. ?Pereiro é un escritor internacional, é un poeta que transcende as fronteiras de Galicia na súa lectura. A súa poética está chea de referentes. A súa obra é chocante e non se pode ignorar?, sentencia Dunne.
A obra na que está a traballar Dunne non será a única tradución que se está a levar a cabo de Lois Pereiro. O poeta e xornalista Daniel Salgado está tamén a preparar a tradución da obra completa de Lois Pereiro para a editorial catalá Libros del silencio, que dirixe o galego Gonzalo Canedo.
Estas dúas traducións son algunhas mostras do gran número de libros sobre Lois Pereiro que se están a preparar dende as editoriais galegas. O propio Salgado está a traballar nunha escolma para editorial Galaxia. ?O libro publicarase na colección Antoloxía Poética e incluirá unha introdución na que fixen un achegamento á súa poesía e a súa posición como poeta do seu tempo. A miña conclusión é que era un poeta existencialista ?, di Salgado, quen di que ?Pereiro, pese a formar parte dunha xeración, tiña unha situación singular con respecto aos demais?.
Pola súa banda, Antón Lopo ultima unha biografía tamén para Galaxia. O título que manexa Lopo agora mesmo para a obra é A palabra xusta. ?É moi periodística, está feita con entrevistas e só hai un finísimo fío ficcional. É un achegamento á obra a través da xente que o coñecía?, sinala o escritor.

Antía Rivas Oural, 1º A‏
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-01-2011 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0