Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O «cigarrón» convocado en María Pita reúne só a cinco persoas
? O «cigarrón» convocado esta mañá na Coruña para protestar pola entrada en vigor da lei antitabaco, que desde o pasado día 2 de xaneiro prohibe fumar no interior dos espazos públicos pechados, logrou reunir soamente a cinco persoas na praza de María Pita.
«Serán máis cando os bares comecen a notar nas súas arcas a repercusión. Agora non senten a necesidade de manifestarse», afirmou en declaracións aos medios Paco García, médico de profesión, e que foi un dos poucos fumadores que se achegou á praza de María Pita esta mañá.
A nova lei, que modifica a normativa anterior do 2006, foi cualificada por este colectivo de fumadores como «hipócrita» xa que «non podes vender un produto e prohibir o seu consumo», apuntou García.
Ademais, sinalou que é «ideolóxica» e «ilexítima», xa que fomenta a «división social» e «invade espazos persoais de liberdade».
Un dos aspectos máis criticados por este colectivo en defensa do tabaco é o «sistema de delacións» impulsado polo Goberno e que levou xa a presentar máis de 30 denuncias de usuarios por incumprimentos da lei antitabaco en empresas e organismos públicos de Galicia.
«Non podes converter aos hostaleiros en policías», afirmou García respecto diso.
García recoñeceu os efectos «nocivos» do tabaco - «os estudos demóstrano», sinalou-, pero aludiu a factores xenéticos como desencadenamentos das enfermidades.
«Queren criminalizar un costume social», afirmou García, quen apostou por recuperar a Lei do 2006, xa que «respectaba os dereitos de todos».
Así mesmo, negou que a nova normativa «veña imposta por Europa», a pesar do obxectivo expresado publicamente pola Comisión Europea de ampliar a prohibición de fumar en espazos pechados en todos os Estados membros no 2012.
«España non é Chipre ou Reino Unido», sentenciou García aludindo ás peculiaridades «sociais» do lecer en España.

Míriam López 2dp Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-01-2011 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0