Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

"O meu proxecto defende a integración de nenos autistas"
Esta orientadora ourensá acaba de conseguir o segundo premio do concurso de innovación educativa que convoca a Xunta. Déronllo polo seu traballo titulado Programa de intervención educativa desde a perspectiva da diversidade, que trata acerca dos nenos autistas. Licenciada en Psicopedagoxía, traballa no IES Rogelio García Yáñez, de Ramirás.
-¿Como recibe este galardón?
-Moi contenta porque supón un apoio ao meu traballo de investigación.
-De feito este programa por vostede desenvolvido é a base dunha futura investigación máis ampla.
-É un traballo que realizo baixo a dirección do profesor Manuel Ojea Rúa, quen é o meu director da tese doutoral que estou a levar a cabo na Facultade de Ciencias da Educación.
-¿Que ofrece o programa que lle premiaron?
-O que máis destaca é a importancia que lle damos á colaboración da familia e a implicación de toda a comunidade educativa ante os casos de nenos con trastornos como o autismo. Trátase de ofrecer a cada alumno a axuda pedagóxica que precise, axustando a intervención educativa á súa individualidade como persoa.
-Falamos de integración...
-É que se demanda unha educación integradora deses alumnos, que recoñeza a diversidade da poboación escolar e déalle unha resposta adecuada. Este programa que ideamos xurde como resposta educativa inclusiva na a aula ordinaria. Defende xa que logo a integración escolar de alumnos con diagnóstico TEA.
-Supoño que estes nenos, na súa maioría, poden sacarse adiante ¿non?
-Na actualidade hai moitos casos con trastornos xeneralizados do desenvolvemento que se poden incorporar a clases con nenos sen discapacidade, ofrecerlles recursos, axuda e implicación co que podemos mellorar a calidade de vida deses nenos.
-¿Cal é o segredo deste proxecto innovador galardoado pola Xunta?
-O esforzo, a constancia e a ilusión, que xo o motor deste proxecto para chegar a esa mellora de calidade de vida.
-Imaxino que calquera pai que teña un fillo autista pode recorrer a vostede e ao seu proxecto.
-Si porque esta investigación o que ofrece é o desenvolvemento dun plan de intervención, inclúe unha breve discusión acerca da relevancia destas aplicacións educativas con lle obxectivo de que poidan servir para realizar inducións válidas aplicables a outras situacións similares.
-¿Poden estes nenos acabar facendo estudos superiores?
-Sobre todo os que teñen o trastorno Asperger, como xa hai algún caso no campus de Ourense.
-¿Que fará agora?
-Espero que este programa me poida servir para ampliar o campo da investigación educativa no ámbito da psicopedagoxía aplicada. Actualmente estou a traballar nun programa de habilidades sociais para alumnos Asperger de Manuel Ojea Rúa e desenvolvendo a miña investigación doutoral en programas de desenvolvemento específico para persoas con autismo, tutorizado polo citado profesor.
-Quedar segunda no premio ¿canto diñeiro reporta?
-Son 4.000 euros, pero o realmente importante é o respaldo que o premio supón á miña investigación.


Sara García 2do Bach A

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-01-2011 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0