Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xerais publicará na primavera «Amada liberdade», as memorias do intelectual Fernando Pérez-Barreiro
O acto de homenaxe que se celebrou o pasado venres en Baiona en memoria de Fernando Pérez-Barreiro co gallo do seu cabodano non será o único motivo que devolva á actualidade un dos pioneiros da tradución en Galicia e un dos seus máis reputados intelectuais. A editorial Xerais ten previsto publicar en abril as memorias de quen fixo, en 1972, a primeira versión de Shakespeare en galego, coa súa tradución de Macbeth. Pérez-Barreiro foi tamén, xunto coa súa muller, Teresa Barro, premio Nacional de Tradución de Literatura Infantil polo seu traballo en Alicia no país das marabillas e Alicia a través do espello.

Baixo o título de Amada liberdade, Pérez-Barreiro non só escribe sobre a súa vida, como a súa marcha a Londres para traballar na BBC, senón que reflexiona sobre a reconstrución do galeguismo durante os tempos da ditadura, a figura de Ramón Piñeiro, como se xestou a súa tradución de Shakespeare, a iniciativa do Grupo de Traballo Galego de Londres e o período da transición. O volume complétase cun amplo epílogo de Teresa Barro, titulado A vida xuntos, no que debulla o seu tempo compartido con Pérez-Barreiro.

O venres asistiron ao acto de homenaxe medio cento de persoas, entre as que se contaba unha representación do mundo da política, como Xosé Manuel Beiras ou Ana Miranda, e da cultura, como Margarita Ledo, Craig Patterson ou os presidentes da Real Academia e o Consello da Cultura, Xosé Luís Méndez Ferrín e Ramón Villares, respectivamente.

No acto interviñeron Francisco Xosé Fernández Naval, Francisco Silva, Nicolás Vidal, Xosé Luís Franco Grande e Xulio Ríos, director do Igadi, entidade organizadora da homenaxe. Teresa Barro fixo unha semblanza do tradutor desde o punto de vista humano e intelectual.



MARÍA GONZÁLEZ PÉREZ 2ºBACH.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-01-2011 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0