Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Callón comparece no Xulgado por criticar a un xuíz que usou «A Coruña»
presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (MNL), Carlos Callón, compareceu hoxe nos Xulgados de Santiago de Compostela tras ser denunciado polo xuíz decano da Coruña, Fraga Mandián, ao que criticara por utilizar a «ilegalidade» do topónimo A Coruña.
Callón chegou esta mañá aos xulgados da capital galega, onde se concentrou un grupo de persoas como mostra de apoio, entre as que se atopaba o deputado do BNG Bieito Lobeira e o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao.
En declaracións aos medios de comunicación, Callón explicou que o xuíz Mandián denunciou en 2008 a un veciño da Coruña por solicitar que se lle remitise a documentación en galego e co topónimo oficial, e no xuízo contra el, o maxistrado declarou, «segundo transcendeu nos medios de comunicación», que non tiña «ningún rubor en usar a ilegalidade da Coruña».
«Como presidente da Mesa pregunteille publicamente que outras leis como xuíz non ten ningún rubor por incumprir», sinalou Callón quen asegurou que foi denunciado «por defender o cumprimento da lei que ampara o noso dereito a poder vivir en galego» e por «recordar aos xuíces que, como representantes públicos da Xustiza, deben ser os primeiros en dar exemplo».
«Se é unha inxuria ou unha calumnia dicir que os xuíces ten que cumprir a Lei, terían que procesar a unha boa parte da sociedade galega», apuntou.
Así mesmo, o representante da Mesa indicou que «é a segunda vez» que é citado a declarar como imputado, xa que hai un ano e medio compareceu ante o xuíz «polos mesmos feitos».
«Espero saber cal é o procedemento que se está seguindo neste caso, cando xa hai dous anos que o xuíz decano fixo estas declaracións tan graves e cando xa hai un ano e medio que vin aquí por primeira vez», agregou.
No entanto, Callón apuntou que este «non é un caso illado» de «criminalización» das persoas que defende «o dereito a poder vivir en galego» e asegurou que, «por moito que nos demonicen, seguiremos con esta batalla cívica e xusta» e «non nos calarán».
Neste sentido, Callón acusou á Xunta de andar «a fartar» co noso idioma e criticou a actitude dalgúns conselleiros que se negan a utilizar o galego oralmente, e ata por escrito», e a responder entrevistas en galego na Televisión de Galicia, o que cualificou de «inédito» na historia da Comunidade.
«Isto dános a medida da defensa da lingua galega e do galeguismo que profesa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo», criticou Callón, que lamentou que «quen debería dar exemplo de uso e de defensa do noso idioma realmente estea a servir como exemplo contrario».
«O artigo quinto do Estatuto de Autonomía é clarísimo, é obrigación dos poderes públicos, xa que logo da Xunta de Galicia, potenciar e defender o uso do noso idioma», concluíu.

Belén Sotelo 1º Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-12-2010 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0