Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nefasta I+D+i da Xunta
Centos de persoas denuncian en Santiago o "desmantelamento" da investigación en Galicia ?? Das 289 prazas convocadas de media polo bipartito, pasouse ás 15 actuais, din
Laboratorios baleiros e proxectos que se paralizan. Este é o futuro que lle auguran os mozos inves¬tigadores á ciencia en Galicia. Baixo o lema "A sociedade galega rexeita a nefasta política de I+D+i da Xunta porque lastra o desenvolvemento de Galicia", máis de medio milleiro de persoas manifestáronse onte ante a Xunta para protestar pola "mísera" convocatoria de 15 prazas para o programa Parga Pondal que realiza a Xunta para este ano. Precarios-Galicia estima que uns trescentos investigadores descoñecen se terán traballo nos vindeiros meses.
A principios do seu mandato, o Bipartito puxo en marcha o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite). O documento deseñaba un itinerario para poder desenvolver unha carreira inves¬tigadora na comunidade con seis tipos de contratos pagados pola Xunta para que os investigadores e técnicos escalasen dun a outro ata obter un emprego estable. Podían traballar tanto para as universidades como para os Organismos Públicos de Investigación (OPIS), entre os que se atopan o CSIC ou no Instituto Español de Oceanografía. Actualmente hai en Galicia unhas 850 que se benefician dos programas financiados pola Xunta de Galicia.
Pero o Incite caduca a finais deste ano e a Xunta aínda non aprobou o seu substituto. O mércores o presidente Alberto Núñez Feijóo referíase no Parlamento ao novo Plan de Investigación, Innovación e Crecemento como arma para sacar a Galicia da crise. Pero de momento só existe un borrador que o venres pasaba polo Consello de Universidades e no que non se detalla se se manterá a carreira investigadora deseñada polo Bipartito. "Non sei que vai pasar", confirma o reitor da Universidade de Santiago (USC), Juan Casares Long. "Temos as grandes cifras, o que se quere facer, o para que, pero fáltanos o como", ex¬plica. O compromiso da Xunta é que entre 2011 e 2015 investirá en I+D+i 184,2 millóns de euros. Destes, só o 35% irá ás universidades, que son as que contratan ó groso dos investigadores.
Os investigadores que onte protestaban en San Caetano non son optimistas ante o novo plan. "Falan de millóns de euros, de grandes edificios pero queremos saber o número de contratos e de proxectos científicos", explicaba onte Beatriz Blanco, voceira de Precarios-Galicia. Os mozos investigadores móstranse escépticos ante os pasos dados polo Executivo de Feijóo nos últi¬mos 18 meses. En 2009 produciuse a primeira caída na convocatoria de prazas e este só sacan 15 para o Parga Pondal destinado a doutores con varios anos de experiencia e formación no estranxeiro. Ademais os contratos pasan de cinco a tres anos.
Segundo Precarios Galicia, este ano deberían de entrar no sistema uns 70 investigadores e outros tantos tecnólogos. Ademais, unhas 135 persoas non poderán ascender no itinerario da carreira científica por ter que pasar dun programa a outro para o que non hai convocatoria.
Pero o problema transcende o ámbito laboral e temen que se desmantele o sistema científico galego que estaba comezando a asentarse coa escusa da crise. "No canto de emular a países como Alemaña ou Reino Unido que están preservando a investigación dos recortes presupostarios, conscientes de que é a receita de futuro contra a crise económica, a Xunta decide aniquilar o noso sistema científico", subliña o manifesto de Precarios-Galicia.
Beatriz Blanco, incidiu, tras o consello Galego de Universidades do pasado venres, no "temor" provocado por que o Goberno galego "dea a entender que se vai borrar dun plumazo a investigación básica", ao facer promoción da aplicada. O titular de Economía, Javier Guerra, resaltara que a nova orde de subvencións primará aqueles proxectos "con rendibilidade empresarial". "A investigación que se fai nas empresas aplicadas é necesaria, pero vive da básica, que non dá diñeiro pasadomañá senón a longo prazo e tense que facer nas universidades e nos centros públicos, que dependen do Plan Incite e dos fondos públicos", explicou.
A consellería de Economía defende a implicación da Xunta
A consellería de Economía e Industria, con competencias na materia, defendíanse onte dos ataques. "A Xunta leva investidos 28 millóns de euros en recursos humanos no sistema galego de investigación e innovación, o que demostra a aposta do Goberno galego neste campo", subliña o gabinete que dirixe Javier Guerra e salientou como "próxima" a convocatoria de prazas do programa Parga Pondal, que "será en todo momento consensuada e definida cos centros destinatarios para obter un sistema dimensionado". Tamén o presidente Feijóo dixo que que as prazas de investigadores convocadas para o próximo exercicio responden a un "acordo" coas tres universidades.

Sara Velasco, 1ºA.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-12-2010 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Acabo de terminar de ver el programa de Jordi Ebole. Tremenda la situa#blgtk08#ción en la que nos encontramos por culpa de unos pocos...."La casta".
Comentario por Marta (19-11-2012 01:06)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0