O acto desenvolverase o vindeiro sábado 18 de decembro, a partir das 12.30 horas, no cemiterio coruñés de Santo Amaro
A Real Academia Galega está a preparar unha homenaxe pública a Luis Seoane polo centenario do seu nacemento. O acto desenvolverase o vindeiro sábado 18 de decembro, a partir das 12.30 horas, no cemiterio coruñés de Santo Amaro, o que permitirá á RAG estender a homenaxe «a todos os galegos ilustres» soterrados no camposanto coruñés, entre os que se atopan, ademais de Luis Seoane, persoeiros como Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Curros Enríquez ou Antón Villar Ponte.
Esta homenaxe está organizada pola RAG en colaboración co Concello da Coruña e a Fundación Caixa Galicia. Na sede desta entidade terá lugar o mesmo día, ás 19.30 horas, outro acto no que intervirán o presidente da Academia, o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, e o presidente da fundación, José Luis Méndez López.
Andrea Estevez Álvarez, 1ºA. |