Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Valle-Inclán paséase pola Alameda 74 anos despois da súa morte
Estes días estivo a pasear pola Alameda de Santiago de Compostela. Como se o tempo non pasase. Alí estaba el, cos seus quevedos, coa súa barba, a capa, o chapeu... Porque cando un ve a don Xerardo Pardo de Vera caracterizado como Valle-Inclán, realmente se cre que está ante o pai do esperpento, malia que a súa razón lle diga que é totalmente imposible.
A explicación a tan surrealista escena era a rodaxe do docudrama Este que vedes aquí, dirixido polo realizador José Luis García Sánchez, dobre gañador do Premio Goya e responsable de fitas clásicas do cine español como Las truchas ou Tranvía a la Malvarrosa, amen de dúas obras do xenio de Vilanova de Arousa, Divinas palabras e Tirano Banderas.
O filme está financiado pola Sociedade Española de Conmemoracións Culturais, e no seu equipo figuran dous pesos pesados como Juan Luis Galiardo e Juan Diego, que interpretan a Juan Manuel de Montenegro e ao Marqués de Bradomín, respectivamente. O único membro do reparto que non é un profesional da actuación é o propio Valle-Inclán.
Xerardo Pardo de Vera non é actor. Si é escritor, xornalista e ex alcalde de Becerreá. Pero, a pesar da súa falta de formación, é perfecto para interpretar a Don Ramón.
?Ser Valle-Inclán é moi emocionante, conmóveme, porque dende neno fun admirador seu?, sinala Pardo de Vera. ?Antes de descubrilo, eu xa vestía como el, e cando un día vin imaxes dese señor tan raro, pregunteille a miña avoa que quen era ese señor que viste coma min?, engade entre risas.
O temporalmente actor síntese moi cómodo no papel do escritor vilanovés, apuntando que ?levo vestindo a capa, o sombreiro e as gafas dende que teño 16 ou 17 anos. De feito, a capa coa que estou interpretando a Valle-Inclán era do meu avó e ten máis de 100 anos?.
Tras o seu paso por Compostela, a rodaxe trasladarase até as localidades de Cambados, Vilanova de Arousa, torre Xunqueira e a Pobra do Caramiñal, onde é posible que, como sucedeu en Santiago, máis dun leve un susto ao ver un morto no mundo dos vivos.

Antía Rivas Oural, 1ºA‏
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-12-2010 15:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0