Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O centro Ramón Piñeiro contará con 13 novos investigadores para avanzar no desenvolvemento dos seus proxectos |
|
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de resolver a adxudicación das bolsas de estadías para investigadores de fóra de Galicia nos proxectos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, convocadas por Orde do 10 de xuño de 2010.
En total, son 13 os investigadores e investigadoras que colaborarán nos proxectos que actualmente ten en marcha o Centro Ramón Piñeiro segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), entre os que se atopan traballos sobre fraseoloxía galega, terminoloxía, tradución automática, literatura medieval, recuperación de textos literarios galegos ou identidade galega.
Estas bolsas de estadías están destinadas a licenciados e licenciadas, ou estudantes dos dous últimos anos de licenciatura, vinculados a universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora.
Os investigadores e investigadoras, que colaborarán nos proxectos do Centro Ramón Piñeiro ata final de ano, proceden de dúas universidades españolas, a Universidade Ramón Llull (Barcelona) e a Universidade de Zaragoza, e de dez estranxeiras: a Universidade da Habana (Cuba), as universidades brasileiras Federal da Bahía e do Sudoeste da Bahía, a Universidade de Fez (Marrocos), a Universidade de Lisboa (Portugal), a UNAM de México, a Universidade Estatal de San Petersburgo, a Universidade de Cork (Irlanda) e as universidades italianas de Siena e de Padua.
Carmen Selina Meire Pérez 2ºB |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|