Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O prestixio do Galego
Anxo Lorenzo, secretario xeral de política lingüística, estivo presente na inauguración do ?Ciclo Lingua e Xuventude, un debate para o futuro? que tivo lugar na Deputación de Ourense, onde afirmou: ?o galego xa ten un prestixio cultural consolidado, agora cómpre insistir no seu prestixio social?. Por outro lado, tamén dixo: ?é importante a actitude, para superar vellos prexuízos que, por sorte, a sociedade galega xa vai deixando atrás. Debemos contribuír a dar unha imaxe positiva do galego e dos seus falantes, como vía imprescindible para afianzar o seu prestixio social. Compre vencellar o galego á modernidade e aos intereses dos máis novos.?
Incidiu tamén en que para o fomento da lingua galega todas as liñas de actuación son importantes, así como todos os sectores sociais e todas as persoas.El afirmou que ?aquí ninguén sobra para prestixiar e darlle forza social ao galego. Ao fío disto, fixo fincapé na importancia de transmitirlles a lingua galega ás novas xeracións de falantes e de crear espazos de uso e de aprendizaxe da lingua galega, unidos ao lecer, á modernidade e aos intereses dos nenos e dos mozos, co fin de promover unha imaxe positiva do galego e sensibilizar á xente sobre a súa utilidade e o valor do noso idioma.
A Deputación de Ourense promove o Ciclo no marco do convenio que mantén a política lingüística a prol do uso da lingua galega. A través deste marco de colaboración, a Deputación está a impulsar actividades de formación en galego e máis da dinamización social da lingua propia de Galicia , dirixidas aos concellos da provincia de Ourense, moitos dos cales carecen de servizo lingüístico de normalización.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-12-2010 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 E isto afirmano os mesmos que dende as consellerias falan en castelá, son presionados por un lobby presuntamente bilingue, e van por ahí decindo que o español está en perigo e que por iso hai que incentivalo , por encima #blgtk08#da lingua galega? Que marca de licor café están a inxerir?...
Fixo máis Sinchán pola lingua galega que o fato de gobernantes e académicos que temos...asi nos vai, e nós a crer no que din, como saen na telegaita...
Comentario por Croio (08-12-2010 18:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0