Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O NOSO XOÁN XIII
Francisco Fernández del Riego, histórico galeguista, un dos impulsores do Grupo Galaxia e o gran anovador da Real Academia Galega, faleceu onte á tarde no seu domicilio de Vigo aos 97 anos de idade. Dende que se coñeceu a noticia, as mostras de pesar e as gabanzas a súa histórica figura convertéronse nun torrente que percorreu todo o país. ?A súa longa traxectoria definiuno tanto no plano político como no persoal?, explicou Méndez Ferrín, quen lamentou o seu falecemento dende un nivel moi persoal.
A admiración na RAG foi manifestada onte por varios membros da institución e todos destacaron o seu papel como gran anovador. "Sen lugar a dúbidas foi un pai da patria, un gran renovador para a Real Academia e da súa man saíu do letargo no que estaba sumida a institución. Foi a gran beizón para a RAG?, explicou o académico Manuel González.
O seu impulso na Real Academia Galega foi unha das constantes escoitadas onte en todo o país. ?Díxeno moitas veces: Fernández del Riego significou para a RAG unha especie de Xoán XXIII. Deu lugar a unha serie de transformacións esenciais?, explicou o académico Francisco Fernández Rei. Nese mesmo sentido, manifestouse o presidente da Academia. ?Se non fose polo papel que el xogou, eu nunca sería académico. El foi quen decidiu que na Academia entrase quen tiña que estar e acabou cos vetos que sufrín eu como antes sufriu Celso Emilio ou Novoneyra, que nunca chegou a entrar?, recoñeceu Ferrín.
A súa pegada na RAG foi tan destacada que a sensación de perda é enorme. ?A súa presidencia marcou un antes e un despois. Foi un gran loitador pola súa dignidade e sentimos agora mesmo unha gran orfandade?, explicou onte Xosé Luis Axeitos, secretario da RAG, que suspendeu o plenario e os actos que tiña previsto celebrar hoxe.
A institución da lingua que se amosa a súa vontade de axudar a familia en todo o que precise para despedir o insigne intelectual. ?A Real Academia Galega ponse ao servizo da familia para todo o que dispoña?, explicou Axeitos. A familia indicou xa que a vontade de Fernández del Riego era que, a súa marcha, non se producise ningunha grande cerimonia e que todo a súa despedida se fixese na intimidade. ?A familia quere respectar esa petición?, explicou Freixanes, que estivo onte cos familiares do intelectual.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-12-2010 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0