Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Aníbal Malvar: ?Afastar o galego do portugués foi un erro propiciado pola dereita?
O autor publicará o seu novo libro, titulado La balda de los miserables, en castelán
O escritor e periodista Aníbal Malvar leva doce anos sen levar ningunha obra nova ás librarías. Ese longo tempo de silencio rematará proximamente coa publicación dunha novela: ?La balada de los miserables?. Considerado un dos mellores autores da súa xeración, publicou a súa primeira obra cando contaba 26 anos. A partir de aí apareceron varias novelas de serie negra. As súas obras máis coñecidas foron A man dereita e Unha noite con Carla , coas que gañou varios premios.Estes días participou na Semana Auria de Ourense (anteriormente falado) para amosar o seu punto de vista sobre a literatura histórica.
Aníbal pensa que se pode facer a mellor novela do descubrimento de América datada en 1736. ?O rigor histórico na novela histórica non é necesario; si, pola contra, o rigor sentimental coa historia que estás contando?. Existen arquitectos que só queren facer grandes obras e grandes catedrais. Hai arquitectos que só queren facer casas para que a xente viva. Os escritores, igual. Hainos que queren escribir para vender libros e hai escritores que queren facer outro tipo de cousas. Aníbal, é ese escritor de novela negra, pero opina que ese xénero sempre foi moi comunista, moi de facer un xuízo da sociedade para denunciar os excesos do poder, entón aquí hai un dato importantísimo, un escritor pode ser magnífico sen ideoloxía.
Aníbal opina que todos os xornalistas,coma el, son escritores. O xornalismo é un xénero literario, non hai dúbida ningunha. Antes falabamos de ficción ou non ficción, pero é un xénero que o manexas como non ficción. El non criticou outra cousa que o feito das galescolas, que son innecesarias como serían innecesarias as españolaescolas, porque o galego ía bastante ben sen enfrontamentos. Crear unha plataforma educativa só co feito de defender algo significa acabar con iso. Pero o que está claro é que o galego está en situación de inferioridade fronte ao castelán e, para evitar a súa desaparición, cómpre tomar medidas, porque o galego ten tres millóns de falantes potenciais e o castelán moitos millóns máis. O que ocorre é que tivemos un erro político xa hai moitos anos, que foi afastar o galego do portugués, que é a nosa lingua. Nós pertencemos a cultura galego-portuguesa. É dicir, o galego en si mesmo é unha creación, a supervivencia dun alimento que só nace entre tres millóns de habitantes e que debe ser mantido.
A súa próxima creación literaria despois de 12 anos sen escribir sairá agora en castelán, La balada de los miserables, ambientada nun poboado xitano de Madrid. Ademais conta o noso amigo, sintese coma un intruso ao estar fóra e perder o contacto coa lingua.

ESTER FERNANDEZ PAREDES
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-12-2010 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0