Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aconsellan que Ourense potencie o seu patrimonio para crecer como destino cultural |
|
 A imaxe cognitiva que o turista ten de Ourense como destino é aceptable. Ao visitante interésalle a gastronomía local, a súa forma de vida e tradicións de gran atractivo e os lugares de interese histórico e cultural. Tamén ten unha imaxe boa do ourensán, o que ha de ser aproveitado na oferta. E, por suposto, destacan a súa vida nocturna e entretemento. Son datos dun estudo realizado polos profesores Susana Díaz, María Elisa Alén e Diego Rodríguez-Toubes, da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, presentado na celebración do doce Seminario Hispano Luso de Economía Empresarial que se está celebrando no campus desde onte.
Os autores analizan a imaxe do destino turístico Ourense a través da interpretación cognitiva das percepcións, crenzas e coñecementos que ten o visitante e a interpretación emocional do consumidor. Quen nos visita di que Ourense non é lugar adecuado para organizar reunións, congresos ou convencións nin un lugar adecuado para facer negocios. Din os autores que por baixo disto se achan as poucas infraestruturas xerais e de aloxamento.
O turista di que Ourense é unha cidade moi pouco divertida. A idea que traen desvanécese e por iso os autores deste estudo aconsellan aos xestores da cidade que melloren este aspecto así como o das actividades culturais e de lecer, que obteñen unha puntuación baixa polos visitantes.
Este traballo universitario aconsella reforzar a presenza do destino Ourense en Internet e alí onde o turista busca información. Fai falta unha boa política de comunicación. Ao turista encántalle o rico patrimonio natural e cultural de Ourense. Por iso aconséllase a súa conservación e a posta en valor do mesmo. É, xa que logo, unha provincia ideal para o turismo cultural. Ten os mellores ingredientes, pero falta elaborar un bo produto.
O visitante que acode a Ourense é español nun 88,8%, ten un nivel cultural alto (71%); é traballador por conta allea (50%) e máis da metade teñen ingresos entre os 1.801 e os máis de 3.000 euros.
Alejandro Prieto Ferro 1ºA
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|