Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Freixanes volta a ficción.
Víctor Freixanes, académico da lingua galega e director da editorial Galaxia, volve probar sorte no mundo da ficción, despois de case dúas décadas de silencio literario, con Cabalo de ouros. O autor escribe moito, pero pouca ficción, porque como recoñeceu nunha entrevista a Xornal, cando escribe ficción ?é onde máis son eu. Na ficción atópome comigo, coas miñas pantasmas, coa miña visión de país. E cando escribo ficción, vexo a outra cara da moeda?.
O galardoado escritor ?gañador, entre outros, do Premio Blanco Amor ou o Premio Torrente Ballester?, embárcase nun proxecto ambientado contra finais da década dos 40 e principios dos 50 do século XX na peculiar vila galega de Vilanova de Alba.
O texto conta a extinción dunha localidade que camiña sen freos cara á súa desaparición. Esa vila, que xa aparecía na vella novela de 1984 O triángulo inscrito na circunferencia, é testemuña de tempos difíciles, de posguerra, de fame, de contrabando: era a coñecida como época do wolframio.
Este mineral é o pano de fondo. Pero tamén está o mundo das rías, da desfeita da Guerra Civil, a historia dos superviventes, do maquis, dos especuladores e das vítimas que agocharon a cabeza para tirar para adiante como boamente puideron.
A acción articúlase en torno a unha partida de cartas que se prolonga durante tres días e tres noites ?baseada nun feito real?, entre dous capitáns. Cada un representa un bando, que á súa vez representa os principais intereses da época, como a banca, a igrexa ou as conserveiras.
Víctor Freixanes fala no libro Cabalo de Ouros dunha Galicia xa extinta e manda a mensaxe de que todos nos vamos extinguindo lentamente.

Antia Rivas Oural,1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-12-2010 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0