Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Innovación do grupo musical Luar
O grupo de música celta Luar na Lubre escarba na riqueza da música medieval galega, no seu último traballo Solsticio, no que quixeron combinar «as músicas pagás e as que están cargadas de relixiosidade» tan propias destes dous momentos do ano.
O líder e fundador de Luar na Lubre, Bieito Romero , acompañado polo resto dos compoñentes do grupo, presentou hoxe na Coruña este traballo, co que o grupo galego de música folk recrea elementos poéticos, lendas e metáforas que definen a súa forma de entender a música.
Romero explicou que para a elaboración deste disco, que edita Warner Music, como todos os seus traballos anteriores, manexaron máis de mil partituras do cancioneiro tradicional galego
Explicou que co título do disco quixeron axuntar a tradición pagá do solsticio de verán, cargado de paganismo en case todas as culturas, coa relixiosidade que leva aparellado o solsticio de inverno, especialmente relacionada co cristianismo.
O líder do grupo indicou que darán a coñecer este novo traballo con máis de 20 concertos no 2011 por toda España, que comezará en xaneiro en Alcalá de Henares, e avanzou que tamén realizarán actuacións no estranxeiro.
Romero destacou que Solsticio pecha o ciclo iniciado en 1997 con Plenilunio , que se converteu en disco de platino e é xa un clásico da música folk das últimas décadas.
Neste ano Xacobeo, para o seu novo traballo, Luar na Lubre volve a vista ás Cantigas de Santa María de Alfonso X, ás composicións de Martín Códax e doutros trobadores anónimos, ao Códice Calixtino, ás «cantigas de escarnio e maldicer» e aos cancioneiros galaicoportugueses.
Inspirándose en todas esas fontes, pretenderon pór música á lírica medieval, arranxar composicións da época ou, ata, dar un novo aire a clásicos como o Romance de Don Gaiferos, un romance carolinxio que relata a peregrinación de 1137 do Duque de Aquitania a Santiago, onde morreu ao chegar á catedral.
Desde que en 1985 irrompesen na escena musical galega, este grupo logrou nove Premios da Música, unha cifra só ao alcance de estrelas como Alejandro Sanz, e logrou permanecer como referente no panorama da música celta.


Adrián Lamas 2do Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-12-2010 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0