Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aprobada unha iniciativa socialista para declarar ben de interese cultural o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada |
|
O Grupo Parlamentario Socialista presentou no Museo galego de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada unha proposición que se debateu na Comisión 4º do Parlamento na que reclaman; que se declare a colección do Museo galego de Arte Contemporánea Carlos Maside como incluída no catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia. Ademais solicitan que se inicie o antes posible a tramitación do correspondente expediente que determina a aplicación inmediata e provisoria do réxime de protección prevista na lei para os bens xa catalogados. E sobre todo que as pezas permanezan unidas. A iniciativa, que foi transacionada, foi aprobada por unanimidade.
Na presentación da iniciativa parlamentaria estiveron presentes o intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo, xunto co portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Xoaquín Fernández Leiceaga, o deputado da Comarca Francisco Cerviño, e os responsables locais do PSOE de Sada. Os socialistas aseguraron sentirse "moi honrados" coa presencia de Díaz Pardo neste acto.
Leiceaga dixo que o Grupo Sargadelos esta sometido a unha tensión empresarial notable, "algo que afecta tamén a parte patrimonial, cultural e de preservación do seu legado". Lembrou que o Grupo Parlamentario Socialista presentou diversas iniciativas na Cámara Autonómica, a que se presenta sobre o Museo galego de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada, e outra iniciativa na que se solicita que se inicien axiña os expedientes para declarar Ben de Interese Cultural os recintos dos complexos do Castro de Samoedo e Sargadelos, ligados ao Laboratorio de Formas, incluíndo as coleccións e bibliotecas neles contidos.
O portavoz socialista reclama a administración autonómica que preserve este patrimonio cultural "para que non se poña en risco o patrimonio mobiliario e inmobiliario co fin de manter e preservar a súa unidade".
Pola súa banda o deputado Francisco Cerviño explicou polo miúdo a iniciativa e afirmou que a proposta partiu da agrupación socialista de Sada. Subliñou que hoxe o museo é visitado por mais de 10.000 alumnos cada ano, e constitúe no seu conxunto unha mostra inigualable e única da historia da arte contemporánea en Galicia, e polo tanto, é indivisible, para non perder o seu carácter didáctico e de ilustrador histórico, e máis alá do seu importantísimo valor material.
"As vangardas artísticas están aquí, as de antes da guerra e as de despois da guerra², espetou Cerviño. E aludiu as declaracións do Conselleiro de Cultura sobre o ensimesmamento da cultura galega ³quen esta ensimesmado é el", proclamou.
No que se refire ao Laboratorio de Formas (LF) e os complexos do Castro de Samoedo (Sada) e Sargadelos (Cervo), asevera que constitúen un conxunto de bens materiais e inmateriais que "polo seu recoñecido valor propio², por iso deben ser ³considerados como de interese relevante para a permanencia e identidade da cultura galega a través do tempo".
Os socialistas tamén amosaron a súa solidariedade cos traballadores de empresa e reclamaron á Xunta que ofreza unha solución á situación do grupo.
Luis Manuel López Almonte 2do Bach |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|