Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

?FAREMOS A LINGUA MÁIS VISIBLE?
Cando os obxectivos do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) parecían esquecidos, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo rescatounos onte para enmarcar nel a campaña Xantar Compostela. A campaña, que pretende achegar o galego ao sector da gastronomía e fomentar o seu uso na clientela destes locais, inclúe máis de 200.000 manteis que repartirán polos 1.500 establecementos da Asociación Hostalaría Compostela.
A iniciativa, impulsada pola asociación e por Política Lingüística, en colaboración co Concello de Santiago, trata de"facer visible" a presenza do idioma e favorecer a "súa oferta positiva" á clientela da cidade compostelá.
Repartiranse catro modelos de manteis para amenizar en galego o tempo de espera antes de degustar a comida nos locais hostaleiros. Dous deles incluirán pasatempos para os nenos, que disporán de caixas de lapis de cores para facer un debuxo pola parte de atrás. Así mesmo, haberá un modelo con sopa de letras para o colectivo adulto e outro con vocabulario en castelán, galego, inglés, francés e alemán para a poboación estranxeira.
Anxo Lorenzo destacou que esta campaña cumpre "bastante ben" aqueles aspectos do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento se ben, posteriormente, cando Alberto Núñez Feijóo acadou a presidencia da Xunta, o Partido Popular (PP) relegouno a un papel orientativo. Para Lorenzo, a campaña ofrece unha visión "positiva" do idioma para o cliente autóctono e potenciar a "visibilidade" do galego como "patrimonio cultural" entre os estranxeiros.
Lorenzo resaltou, nesta liña, a importancia de incentivar a lingua propia de Galicia no ámbito socioeconómico e económico, ademais de na actividade turística e comercial vinculada a este sector. Tamén lembrou que con esta actividade "chove sobre mollado", xa que o Concello de Santiago desenvolveu "un traballo pioneiro" na normalización e impulso da lingua galega no terreo da hostalaría compostelá. Así, amosouse disposto a "estender esta iniciativa a outros lugares de Galicia".

Samuel Gallego 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-12-2010 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0