Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
?Era único" |
|
Lois Pereiro, o autor ao que se lle dedicará no 2011 o Día das Letras Galega, enche xa os andeis das novidades editoriais e convértese na grande aposta poética para o nadal. Non é moi frecuente que a difusión dos autores homenaxeados co 17 de maio comece cando aínda non se apagaron os ecos do seu antecesor -Uxío Novoneyra, neste caso-, pero as dúas editoriais que publicaron a poesía do escritor monfortino -Positivas e Espiral Maior- decidiron tomar a dianteira. Aínda que o poeta monfortino non ocupaba un lugar central no panorama dos anos oitenta ou noventa, o director de Positivas considera que "é unha das voces que máis influíu (e inflúe) nas novas xeracións. Na época dos 80 era unha voz única. Quizais o seu lugar é ser único, independente, distinto. A súa obra foi moi ben acollida polos lectores e mesmo polo resto dos escritores e da crítica. E que se esgotasen rapidamente os seus libros denota a importancia da obra de Lois, o interese que suscitaba e a influencia nos que ansiaban cambios na poesía galega. Lois é transcendental na poesía e na literatura galega". Vista xa cunha certa perspectiva, e en vésperas do día das Letras, a poesía de Pereiro conserva, ao ver de Macías, a súa intensidade e, se cadra, esa distancia permítelle observar "novas sensacións que daquela non sentía, e constatar que o interese pola súa poesía non diminuíu. Creo que as imaxes habituais en Lois, o mundo da súa poética, segue moi vixente, moi actual". O libro, escrito en galego, castelán, alemán, inglés e francés -idiomas que o poeta dominaba- aparecerá probablemente este mesmo mes de decembro. "Conversa Ultramarina", asegura o editor, "pon ao descuberto ao Lois máis humano e intenso, as súas preocupacións, os seus medos, as súas amizades, o amor, os amores, as ansias de xustiza, o seu día a día. A Conversa ultramarina fai que entendamos mellor a Lois. E, ademais, e á marxe de todo o anterior, é outra gran obra literaria de Lois. E única".
Andrea Estevez, 1ºA |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|