Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Exposición fotográfica
Arquivo VisualUnha exposición no mueseo municipal da cidade de Ourense amosará o traballo dos artistas entre os anos 1870 196o, recuperará a memoria histórica dos seus fotógrafos e dos artistas da imaxe que están vencellados ao seu devir e ao dos ourensáns. O proxecto leva tempo en marcha e materializarase en febreiro do vindeiro ano, de feito as datas que están reservadas para esta exposición no Museo Municipal de Ourense son do 17 de febreiro ao 22 de marzo do 2011. Do proxecto que está a desenvolver o colectivo Arquivo Visual Ourensán daba conta o fotógrafo e comisario de exposicións Xosé Luís Suárez Canal na apertura da mostra Pano de fondo no centro social de Caixanova, na Praza Maior.
Suárez Canal, que comisariou Pano de fondo xunto a Manuel Sendón, anunciou que un proxecto como o que se pode visitar dende hai días en Caixanova, aínda que só referido a Ourense, será disfrutado polos veciños da cidade no futuro próximo «da man de Pastor Fábrega, Rafael Salgado e o Arquivo Visual Ourensán».
Pastor Fábrega recoñecía logo das palabras de Suárez Canal que o proxecto no que traballan «o que fai é ir recopilando fotos antigas de edificios, persoas, grupos políticos, actividades sociais e todo o que teña que ver coa cidade de Ourense, dos anos 60 e 50 para atrás. O noso obxectivo é escribir a historia da fotografía profesional en Ourense para que os ourensáns teñan noticia da cantidade de fotógrafos que houbo aquí e que coñezan os seus traballos». A mostra que se poderá ver no Museo Municipal de Ourense a partir de febreiro do 2011 tamén incluirá «cámaras profesionais e outro tipo de cámaras fotográficas que fomos conseguindo e tres decorados dos que se empregaban antes para facer as montaxes: imos ter un daqueles que se semellaba que ías nun barco e o da avioneta, ademáis de outro decorado do tipo pano de fondo, para que as persoas que visiten a exposición se podan facer retratos con estes decorados como se facía antigamente».
Rafael Salgado e o colectivo Arquivo Visual Ourensán teñen tamén un blog, que se chama Ourense no tempo, no que se poden ver esas imaxes antigas da cidade de Ourense.

Uxía Paz Prieto 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-12-2010 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0