Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Megaxove, a alternativa de ocio durante a ponte
FotoExpourense acollerá un ano máis un total de 8.000 metros cadrados de actividades para todos aqueles nenos que queiran acercarse ó recinto durante a ponte da Constitución (desde mañá ó mércores). A día de hoxe, 3.230 pequenos xa confirmaron a súa presencia activa en Megaxove. A pesar de que a maioría proceden de Ourense, tamén se acercarán outros chegados de A Coruña, Lugo, Pontevedra, Castela e León e, incluso, Portugal.
Son 45 os postos de institucións, agrupacións ou firmas que forman parte da XI edición do certame, das cales aproximadamente o 60% están relacionadas con actividades deportivas. Entre as propostas de este ano destacan o circuito de educación vial, a ciberaula, e o tiro con arco, como actividades permanentes. Outras, como o 'cross', que é unha das máis demandadas con 800 inscritos, terán horarios.

Todos estes datos foron aportados polo director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, que presentou Megaxove ante os medios de comunicación xunto ó xefe do servizo de deportes da Xunta, Mario Guede; o concelleiro de Deportes de Ourense, Fernando Varela, e a concelleira de Xuventude, Marta Arribas.

Esta última señalou Megaxove como un lugar de 'convivencia entre adolescentes e preadolescentes', onde os pais poden deixar ós pequenos 'con total tranquilidade' durante horas. Varela, pola súa parte, afirmou que o esforzo económico 'é importante', pero tratándose dos máis novos 'débese continuar'. 'Ademais de divertirse, os rapaces aprenden', continuou o concelleiro. Todas as actividades de Megaxove son gratuitas e contribúen a potenciar deportes minoritarios.

María Gutierrez 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-12-2010 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0