Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Concello inaugura o Centro Cívico da Cuña, que pón a disposición dos veciños máis de 1.600 m2 de instalacións para actividades sociais e culturais

O edificio pón á disposición dos veciños unhas novas dependencias con 1.600 m2 de superficie para acoller o desenvolvemento de todo tipo de actividades de carácter cultural e social: tanto as organizadas polo Concello como as que propoñan os propios veciños, ademáis de servicios como os de sala de lectura, ludoteca, sala de xogos e sala de Informática con acceso a
O Centro abre tódolos días de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 21:30 horas, de luns a sábados, contando cunha ludoteca que abre de luns a venres de 17.30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 horas.


O Centro Cívico da Cuña inicia a súa andaina ofertando diferentes actividades organizadas polo Concello para todo tipo de públicos coas seguintes propostas:

1) Actividades para nenos


Ocioteca: espacio para nenos de 3 a 8 anos. Estará aberto de luns a venres de 17:30 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas. Serán atendidos por un monitor nun espacio equipado con xogos, libros e material escolar.


Reforzo escolar: para nenos de 8 a 12 anos. Serán tres días á semana, unha hora ao día, de 18:00 a 19:00 horas.

Actividades para nenos/as os sábados: para nenos de Infantil e Primaria. De 11:00 a 13:30 horas. Actividades variadas para que os nenos aprendan e se divirtan.

2) Novas tecnoloxías

Curso de Iniciación á informática e Internet: curso de 50 horas de duración para todas as idades e para persoas sen formación en novas tecnoloxías.

Curso de Informática Multimedia: curso de 50 horas de duración para todas as idades. Manexo de programas informáticos de fotografía e elaboración de videos.

Obradoiro de Seguridade en Internet: de 4 horas de duración, dirixido a persoas de todas as idades. Instalación de software de seguridade, protección frente a virus, etc.

ACTIVIDADES LÚDICO-DEPORTIVAS

Curso de Bailes de Salón: latinos e estándar. Dirixido a persoas de todas as idades. As clases serán de unha hora e media de duración os sábados pola tarde.

Curso de danza oriental: para persoas de todas as idades. O programa completo son 20 sesións, unha hora por semana en horario de tarde.

Curso de danza pais/nais e fillos/as: para pais/nais cos seus fillos/as de idades entre 8 e 12 anos. Clases dunha hora de duración os sábados pola tarde.

Curso de ximnasia de mantemento: para todas as idades, dous días á semana en horario de tarde, unha hora cada día.

Os requisitos para apuntarse a estes cursos e actividades son: facer a inscrición correspondente e estar empadroado en Ourense. Todos son gratuítos.

Carmen Meire Pérez 2ºBach B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-12-2010 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0