Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O programa Universidade Popular do Concello de Ourense recibe un premio a nivel de toda España en recoñecemento ó seu labor formativo para adultos
O programa Universidade Popular do Concello de Ourense, que desenvolve a Concellería de Educación, vén de recibir o recoñecemento do Ministerio de Educación, que concedeu ó proxecto ourensán a mención honorífica dos Premios Miguel Hernández, un certame ó que tódolos anos concurren iniciativas formativas desenvolvidas por institucións públicas ou entidades privadas en todo o territorio español.

A resolución do Ministerio de Educación, xa publicada no Boletín Oficial do Estado supón un recoñecemento a este programa da Concellería de Educación do Concello de Ourense, que dirixe a concelleira Ana Garrido. Unha iniciativa que cumple 15 anos de traxectoria formativa dirixida a adultos, e no que participan 1.800 persoas no curso 2010/2011.

Os premios Miguel Hernández é unha iniciativa que desenvolve a Dirección Xeral de Formación profesional do Ministerio de Educación, que ten como obxectivo ¿recoñecer a importancia que debe darse á eliminación das desigualdades ante a educación e á supresión das discriminacións dos grupos desfavorecidos ante a formación básica, así como o labor realizado por aquelas institucións públicas ou entidades privadas sen ánimo de lucro que se distingan pola súa aportación eficaz á supresión do analfabetismo, tanto o tradicional como o que poda xerar o progreso científico e tecnolóxico.

A edición 2010 foi convocada por resolución de 16 de abril de 2010 da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional do Ministerio de Educación. O Concello de Ourense concurriu co proxecto Universidade Popular, 15 anos educando, que obtivo a mención honorífica, nunha convocatoria na que o primeiro premio recaeu en Iniciatives Solidaries polo proxecto Espacios educativos para a integración.

O programa Universidade Popular oferta no presente curso 2010/2011 un total de 70 actividades formativas e de lecer para adultos sen límite de idade máxima. O programa ven rexistrando un constante incremento, tanto na súa proposta de actividades como no número de participantes. De feito, este ano propón 10 actividades máis que no curso anterior, e participarán un total de 1.800 ourensáns, fronte ós 1.268 do pasado curso 2009/2010. O programa municipal tamén renova constantemente a súa oferta de actividades, e este ano inclúe 25 cursos que son novidade fronte ó anterior.

Fátima Carballo Río 2ºBach B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-12-2010 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0