Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Novacaixa e a ansia por saír á bolsa sitúan a Galicia na vangarda financeira estatal
A galega xa traballa en unidade, mentres o SIP de Caixa Madrid se fará esperar a enero.Dos estreas de éxito na mesma xornada sitúan a Galicia na vangarda financeira española, malia a crise. O primeiro é o de Novacaixagalicia, que onte vivía unha segunda xornada sen incidentes, na que o director xeral, José Luis Pego, e o adxunto executivo, Javier García de Paredes, se desprazaron a visitar as sucursais das súas localidades de orixe, Ferrol e Ribadeo, respectivamente.
Transmitiron proximidade. Ao longo da mañá, ambos os dous executivos continuaron o seu percorrido por Pontedeume, Abadín, Vilalba ou Miño, para converxer pola tarde na oficina principal de Novacaixagalicia na Coruña. A toda o seu equipo lle transmitiron que as súas "portas e teléfonos están abertos". Dende Vigo, en cambio, o alcalde Abel Caballero, aplaudía que Caixanova siga levando a voz cantante na nova marca comercial -aínda que vaia íntegro tamén Caixa Galicia-, mentres o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar Pumar, instou a defender con decisión" a recente fusión, avalada pola axencia Moody's, que constatou que están mellor xuntas que por separado.
A falta dun mes para o fin do prazo do Banco de España para pechar todas as fusións de caixas en marcha, Galicia xa fixo os deberes. Coñeciamos onte que o maior SIP de España recibía luz verde dos Gobernos de Madrid e Castela e León: a integración de Caixa Madrid, Caixa de Ávila e Caixa Segovia con Bancaja, Caixa de Canarias, Laietana e La Rioja. O banco que as unirá xestionará os 340.000 millóns en activos, con Rodrigo Rato á cabeza. Empezará a funcionar en xaneiro de 2011, polo menos un mes máis tarde que a unión pura das caixas de aforro galegas.
Ao bo ritmo da Nova Caixa únese o éxito da última saída a Bolsa galaica, a da consultora tecnolóxica Altia, que se estreou tamén o mércores no Mercado Alternativo Bolsista (MaB) e suma dúas xornadas a alza. Constantino Fernández, o seu presidente, explicaba onte esta relevante aposta no Encontro do MaB que a Escola de Finanzas da Coruña desenvolveu no Club Financeiro Atlántico.

Christian García González 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-12-2010 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0