Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os defensores da sanidade pública critican a política privatizadora
A plataforma SOS Sanidade Pública, que agrupa a todas as asociacións galegas en favor do sistema sanitario público convocou a todos os cidadáns a asistir a unha 'grande manifestación' que terá lugar o próximo 21 de novembro en Santiago para protestar contra o 'risco real de privatización' deste sistema que, segundo os membros, está a levar a cabo a Xunta.

Así o explicou o voceiro da recén creada plataforma, Manuel Martín, que indicou que a agrupación nace coa vontade de 'unir esforzos' por un único fin, que é o de loitar contra o 'risco real de privatización' do sistema sanitario galego.

'Non o podemos asumir', explicou Martín, que alertou tamén de que o sistema de colaboración público-privada que propón a Xunta para a construción dos novos hospitais e centros de saúde en Galicia deixará estes 'en mans de construtores, bancos e multinacionais'.

Pola súa banda, outro dos seus voceiros, Manuel Moreira, alertou da 'perda da calidade' na atención sanitaria que levará consigo este sistema xa que, sinalou, 'está en xogo o concepto de sanidade publica'. 'A razón pensamos que a temos, necesitamos a forza da cidadanía', reclamou Moreira.

Na plataforma, na que están incluídas unha quincena de asociacións de defensa da sanidade pública por áreas, os sindicatos UGT, CC.OO., CIG e SATSE e os partidos políticos do BNG e o PSOE, tamén están presentes as asociacións veciñais, representadas pola Asociación de Confederacións de Veciños de Galicia (Acogave).

Nesta liña, o representante de Acogave, Verísimo Pazos, reclamou un sistema sanitario 'global e de calidade', que garanta 'a atención igual para todos' e cualificou o actual sistema como 'o mellor do mundo'.

O sistema de colaboración público privado está demostrado que é un sistema obsoleto', explicou Pazos, tras recordar que as iniciativas neste sentido implantadas noutras comunidades autónomas, como Madrid, as están a 'levar á bancarrota'.


Pola sua banda, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, afirmou que co Plan de Modernización das Infraestruturas do Sergas pretenden 'garantir' o 'carácter público' de todos os investimentos e a prestación sanitaria 'universal e gratuíta para todos os galegos'. De feito, apuntou á necesidade de 'mellorar' a 'sostenibilidad sanitaria, económica, social, territorial e medio ambiental da rede de centros sanitarios de Galicia'.


Neste sentido, explicou que se trata dun 'compromiso explícito' nun momento de 'grave crise económica' pola 'sostenibilidad e viabilidade do sistema sanitario galegos', contando 'ese equilibrio social e ambiental'.

A titular de Sanidade manifestou que o departamento que dirixe quere uns centros sanitarios que lles permitan dar resposta' ás 'necesidades dos cidadáns'. De feito, apuntou a que as infraestruturas sanitarias 'non permiten responder axeitadamente ás necesidades dos usuarios' debido ás características demográficas da poboación 'que cada vez está máis envellecida e con tendencia máis frecuente a patoloxías crónicas e pluripatoloxías'.

Laura Barreiros, 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2010 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Nova tanxent#blgtk08#e ao galego.
Comentario por xián bobillo (24-10-2010 12:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0