 Esta opininión persoal veu incentivada polos comentarios ditos polo xa coñecidísimo escritor galego Don Manuel Rivas Barróse que puiden ler gracias á merca habitual do diario ?Galicia Hoxe? que fai a miña nai , quen nunha entrevista motivada pola publicación da súa última e tan agardada novela Todo é silencio. Nesta, o escritor coruñés que situaba desta guisa a situación de malestar e desacougo cultural que está a padecer o país. Dixo ademais que era moi triste que os que deberían construír Galicia estean metidos en troques da tarefa mencionada na completamente oposta que é a de deconstrución. Fiso tamén especial fincapé no proceso esperpéntico que dende o propio goberno se nos coloque nun punto no que ficamos varados.
Na miña modesta opinión e como estudante de 1º de bacharelato considero tremendamente acertadas as palabras do escritor. As cales eu interpreto como un aviso a toda Galicia de que pese que a población anciá morra falando galego ,se non o remediamos, esta lingua nosa soamente durará o que eles. ?Manolo? fai unha chamada ao raciocinio de mozos (que son sinónimo do futuro da nos querida Galicia e da nosa lingua, polo tanto da nosa identidade) á comprensión da pésima situación que, como galegos que somos, estamos a vivir. Pretende captar a atención e facer a chamada de auxilio que a lingua por si mesma non é quen de facer pedindo a tódolos mozos e mozas do noso benquerido país que utilicen o galego dende as situacións máis cotiás ata as máis inhabituais para xuntos podermas conseguir a persistencia do galego. Non me pasou tampouco inadvertida a disimulada crítica que fai ao noso preguizoso goberno dereitista na súa meirande parte que deixe de acomodarse na situación actual, que deixe de por impedimentos á nosa imperativa necesidade de recuperarmos a cultura perdida coa actual merma no uso da nosa lingua: ?O Galego?. Fai unha chamada á creación de programas de rehabilitación para rematar dunha vez por todas coa merma de usuarios de diario da lingua galega. En definitiva, e xa para rematar, pide que nos ?deixemos de tanta leria de non é para tanto? e nos poñamos duna vez por todas a traballar en serio no proceso de reintegración lingüística do galego.
Yago Eirey Pumar, 1ºA. |