O Goberno chegou hoxe a un acordo con Coalición Canaria que, xunto ao logrado co PNV, permitirá aprobar o proxecto de lei de Orzamentos Xerais do Estado para o 2011 e dará estabilidade ata o final da lexislatura.
Así o aseguraron a Efe fontes da negociación presupuestaria, que explicaron que os detalles do acordo foron concretados nas últimas horas.
Deles falarán o vindeiro luns no Palacio da Moncloa o xefe do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, e o presidente de Canarias, Paulino Rivero, na cita que teñen pechada para o mediodía desa xornada.
O anuncio do acordo con Coalición Canaria chega na mesma xornada en que Goberno e PNV pecharon o pacto polo que os nacionalistas vascos darán o seu apoio ao proxecto presupuestario.
Ese pacto supoñerá o traspaso ao País Vasco de tres competencias este ano e doutras dezasete no 2011, o que supón un «acelerón» importante para o desenvolvemento do Estatuto de Gernika.
As fontes citadas sinalaron que Coalición Canaria considera que o Goberno asumiu gran parte das reivindicacións suscitadas na negociación e que os dirixentes de CC serán os encargados de ofrecer os detalles do pacto. Ademais da supresión das taxas aeroportuarias, Coalición Canaria reclamaba unha posición «moi clara e precisa» por parte do Ministerio de Fomento respecto ao mantemento dos descontos nos billetes aos residentes canarios, actualmente do 50 %.
Sobre a mesa estaba tamén o mantemento dos sistemas de control convencional no aeroporto do Ferro, así como a definición das augas canarias.
O Goberno canario apostaba así mesmo por unha actualización do Réxime Económico e Fiscal (REF).
Esta é unha cuestión que se tratará, previsiblemente, na reunión que Paulino Rivero manterá na tarde do luns en Madrid (logo da súa entrevista con Zapatero) co vicepresidente terceiro, Manuel Chaves, no marco da Comisión Bilateral de Cooperación entre o Estado e Canarias.
Borja Pérez Fernández, 1ºA