Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Festival de Teatro Galego , FETEGA en O Carballiño
A vila do Carballiño , acolleu entre os 7 e 10 de setembro o Festival de Teatro Galego 2010 (Fetega). A mostra, que celebrou a súa sétima edición, tivo unha duración de 3 días e desenvolveuse no Centro Multifuncional carballiñés.

Varios grupos de teatro asistiron á mostra ao longo desta semana deixando pegada das mellores artes do panorama teatral galego. De feito, o Fetega foi cualificado este polo director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, como "unha cita de referencia dentro da escena galega" que atrae a novo público e que serve para expandir a produción teatral galega a outros países e comunidades.

A compañía teatral Obras Públicas abriu o festival co seu espectáculo Life is a paripé, escrita e dirixida por José Prieto Álvarez e que ten como intérprete feminina a Iolanda Muiños. O segundo día os protagonistas serán Teatro de Ningures coa súa obra Homes...Mulleres, de Paula Carballeira, Santiago Cortegoso e María Armesto. Nut Teatro levou a escena o xoves 9 de setembro Wake up, escrita e dirixida por Carlos Neira.

O peche do Festival de Teatro Galego do Carballiño foi presentada polo actor de Ribeira Josito Porto, quen fora o encargado de presentar a V Gala dos premios Fetega no Multifuncional a partir das dez da noite.



Alba Muñoz López

Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2010 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Coñezo os integrantes de Nut Teatro, son excelentes persoas e grandes actrices sobre todo. A mágoa é que este Festival non se faga en Ourense e noutras datas, quen de Ourense ou outras v#blgtk08#ilas acudiu a ver algunha obra? Xa é difícil en Ribadavia, malia estar en xullo e ser un acontecemento de relevancia internacional como para perder cartos públicos con butacas baleiras.
Comentario por xián bobillo (16-10-2010 19:04)
2 Cómpre unha f#blgtk08#oto coa nova.
Comentario por xián bobillo (24-10-2010 12:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0